Manxadoira pecha os actos de homenaxe a Anxo Gago "Lito"

 
   A comida en homenaxe a Anxo Gago "Lito" foi no Loureiro.
A comida en homenaxe a Anxo Gago "Lito" foi no Loureiro.  G. Núñez

A Semana Cultural organizada pola Banda de Gaitas Manxadoira chegou onte ó seu fin cun xantar de confraternidade no Restaurante Loureiro.

REDACCIÓN / BUEU A Banda de Gaitas Manxadoira pechou onte os actos de homenaxe a Anxo Gago "Lito" cun xantar de confraternidade ó que asitiron un cento de persoas. Entre elas, os compoñentes da agrupación e numerosos veciños de Bueu e da parroquia canguesa de O Hío, de onde é natural o gaiteiro e ex director da banda. A comida tivo lugar no Restaurante Loureiro e, como non podía ser menos, acabou cunha festa na que a música tradicional galega foi a gran protagonista.
Durante o seu transcurso, os responsables da banda fixéronlle entrega a Anxo Gago "Lito" dun agasallo especial: un retrato feito polo artista cangués Camilo Camaño Xestido, sempre disposto a colaborar coa banda de gaitas buenense. Precisamente a directiva de Manxadoira non ocultaba onte a súa gran satisfacción pola Semana Cultural, que resultou "todo un éxito".
O presidente da agrupación, José García Cuervo, salientou que a exposición organizada na sala Amalia Domínguez Búa recibiu numerosas visitas. De igual xeito, os concertos organizados durante estes días, e en especial o Festival da Alborada do sábado pola noite, rexistraron unha gran afluencia de público.
O obxectivo da Semana Cultural organizada pola Banda de Gaitas Manxadoira era o de homenaxear ó seu ex director, que tivo que deixar a formación hai uns cantos meses. Así organizou múltiples actividades e actos, incluindo a edición de un libro e un recoñecemento expreso por parte dos grupos municipales da corporación de Bueu.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya