cangas

Métodos para coidar o corpo e a mente

O mercadillo de trueque na Alameda, principal novidade das X Xornadas de Educación para a Saúde

 09:32  
Casqueiro, Álvarez e Tenorio, na presentación das Xornadas. / g.nÚñez
Casqueiro, Álvarez e Tenorio, na presentación das Xornadas. / g.nÚñez 

G.M.P. / CANGAS Crear un marco de debate e reflexión sobre temas de saúde, ofrecer recursos informativos para adquirir coñecementos nesta materia, fomentar a participación cidadá, favorecer hábitos saudables e promover a igualdade na prevención. Son algúns dos obxectivos das X Xornadas de Educación para a Saúde, que se celebrarán en Cangas os días 30 de xuño e 1, 2, 3, 4 e 5 de xullo, organizadas polas concellerías de Igualdade e de Benestar, o Centro de Información á Muller (CIM) e o Equipo de Prevención de Drogodependencias.

As Xornadas acadan a súa décima edición, que "avalan o seu éxito", segundo sinalou onte o concelleiro Óliver Álvarez durante a presentación do programa de actividades. O luns día 30 versará sobre "Ecosaúde e consumo saudable", que estará dirixido por Verónica Campos, educadora ambiental. Desde a óptica ecoloxista, fará unha reflexión e denuncia do consumismo. Os dous días seguintes -martes 1 e mércores 2- tratarán de creatividade corporal e danza libre, e as sesións serán impartidas por Maite Campos, da escola de expresión Abra.

"Tacto consciente e masaxe para as relacións" será o título do taller do xoves 3, impartido por Rosana Portela, da asociación Latexo, que tratará da automasaxe e da relación a través do tacto e as caricias. E Ismael Rodríguez, monitor e artista plástico, será o encargado de impartir o taller "A saúde a través do arte", utilizando arcilla e acuarelas para traballar as emocións a través de experiencias plásticas. Todas estas actividades terán lugar de sete a nove da tarde na Casa da Cultura, e como novidade, este ano existe un servizo de atención a menores, coa posibilidade de inscribir ós fillos e fillas en actividades alternativas para permitir a participación das nais e pais. Para participar no programa completo ou en obradoiros individuais -cun cupo máximo de 20 prazas- é necesario inscribirse nas dependencias municipais.

Mercadillo do trueque

Outra das novidades desta décima edición é a celebración dun "Mercadillo do Trueque Vella", que terá lugar na alameda o sábado día 5, de 11:00 a 13:00 horas. Trátase dunha experiencia piloto na que os participantes poden intercambiar obxectos e servizos, seguindo un modelo semellante ó "banco de tempo". Así, poden aproveitarse as capacidades propias e alleas, ó tempo que se alerta contra o consumo masivo ó que se entrega a actual sociedade, segundo explicaron onte a directora do CIM, Paula Tenorio, e o técnico en prevención de drogodependencias Alberto Casqueiro. O concelleiro Óliver Álvarez sinalou que o obxectivo último das Xornadas é "mellorar a saúde biopsicosocial e a calidade de vida dos veciños e veciñas".

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya