"En Alén xórdenme traballiños de terra que me encantan; meter as mans na terra é outra maneira de facer poesía"

23.07.2017 | 03:44

-É a casa de Anseán un sitio idóneo para poder escribir?

-Depende. Aí tamén me xorden tal cantidade de traballiños de terra, que me encantan. Porque para mín meter as mans na terra é outra maneira de facer poesía. As veces vaíseme o día e non fixen tempo para escribir porque o estiven pasando fenomenal podando ou facendo outras cousas. Mentres que en Madrid vivo nun piso pequeniño e é distinto. Despois hai outros estímulos porque a miña vida literaria, os amigos e demais, están sobre todo en Madrid porque aquí non tiven tempo de relacionarme tanto. Rara é a semana que non tés dous ou tres actos en Madrid nos que participas. Eu aquí veño a desconectar. A miña intención é poder manter mentras resista as dúas vivendas. E moito traballo, pero encántame poder vir, e non soporto os veráns en Madrid. Madrid é unha cidade que engancha moito, pero tén uns veráns totalmente insoportables. É unha cidade moi dura para vivir, sobre todo en xullo e en agosto.

-Vén moito a Lalín?

-Veño moito á miña terra. De feito, ao longo do ano veño casi unha vez ao mes; pásome por aí e coido iso que foi a casa dos meus pais, onde eu nacín. Queda a casiña. Eu arregleina un pouco, e góstame vir, traer a familia porque é unha especie de refuxio. É unha casa chea de moitas lembranzas, por suposto. Levo aquí como case un mes e despois quedarei probablemente ata primeros de setembro, cando marcharei.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine