Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Poda radical en Laro dunha ducia de ameneiros

Exemplo de actuación incorrecta é a que tivo lugar recentemente na ribeira do Rego da Veiga, en Laro. Un particular levou a cabo unha poda radical, moi agresiva, dunha ducia de ameneiros, que agora semellan estacas chantadas ao pé do cauce fluvial, e non árbores. Os axentes, que xa instruiron un expediente sancionador por este caso, mostran poucas esperanzas de que estes ameneiros vaian por riba e coidan que o máis seguro é que terminen por secar. "A un carballo pódeselle cortar a copa e segue vivo, pero a un ameneiro non", apuntan, ao tempo que sosteñen que "foi unha poda bestial, que tamén se levou por diante algúns freixos", neste caso talados polo pé. O autor desta tala e poda radicais ao pé mesmo do regato que baixa de Refoxos exponse a unha sanción económica cuantiosa, que os axentes prefiren non cuantificar, pois eles so se encargan de iniciar os expedientes, que logo resolven técnicos da consellería.

Compartir el artículo

stats