18 de mayo de 2018
18.05.2018

Ribadumia homenaxea á Agrupación Músico Cultural pola defensa do idioma

A entidade foi das primeiras da comarca en organizar un acto estable polo Día das Letras Galegas -A banda de Castrelo deu o seu tradicional concerto no Paseo da Calzada

18.05.2018 | 05:44

O Concello de Ribadumia celebrou onte por segundo ano a gala "Ribadumienses en prol do galego". O homenaxeado fai un ano fora o sacerdote Dositeo Valiñas, e onte as honras foron para a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. Esta entidade foi pioneira no municipio na organización de eventos co gallo do Día das Letras Galegas, e de feito organizou un festival con motivo desta celebración en maio de 1999, só seis meses despois da súa creación. Dende entón, celebrou sempre un festival das Letras Galegas, o primeiro domingo despois do 17 de maio. O deste ano será o vindeiro día 20 pola tarde.

A gala "Ribadumienses en prol do galego" está convocada polo Concello, e os homenaxeados escóllense mediante unha campaña de apoios sociais. Neste caso, foi sobre todo a asociación de veciños de Barrantes a que impulsou o nomeamento. Outro dos motivos do mesmo foi que a Agrupación editou sempre en galego os carteis e programas das súas actuacións, agás cando tocaban fóra de Galicia ou tiñan bandas doutras comunidades convidadas en Ribadumia.

No acto estiveron presentes membros das tres bandas da Agrupación: a xuvenil, a infantil, e a "peque", e ao remate do acto interpretaron o himno galego, ao que lle puxeron voz os membros dos grupos Madia Leva e Añoranza, que actuaron noutros momentos da gala.

A presidenta da Agrupación Músico Cultural, María José Rial, sinalou sobre a elección do galego que "somos unha asociación nacida en Galicia, sentímonos galegos e entendemos que hai que fomentar a cultura da nosa terra". No acto léronse tamén poemas da homenaxeada nas Letras Galegas, a escritora María Victoria Moreno.

Mentres, en Cambados, a banda de Castrelo ofreceu o seu tradicional concerto das Letras Galegas, esta vez no Paseo da Calzada, e pola tarde houbo outra actuación musical, esta de estilo pop, e na praza de Alfredo Brañas. A formación política Somos Cambados, pola súa banda, proxectou un documental sobre María Victoria Moreno e fixo unha ofrenda floral a Cabanillas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine