A Xunta leva o Ano Santo aos portos de Vilanova, Cambados e Pontecesures

O programa "Portos Xacobeos" comeza este mes e pretende achegar ás vilas mariñeiras conferencias, exposicións e música para dar a coñecer a súa riqueza cultural

04.03.2010 | 07:30

Os peiraos de Vilanova, Cambados e Pontecesures van ser os principais beneficiarios na comarca do Salnés do programa "Portos Xacobeos", unha iniciativa cultural que impulsan a Consellería de Cultura e Portos de Galicia. O obxectivo do programa, ademáis de achegar as actividades incluidas no Xacobeo ás vilas mariñeiras, é dar a coñecer a cultura destes espazos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago. Ao mesmo tempo, tamén se trata de potenciar as instalacións portuarias dándolles un uso que integra a actividade económica, o uso social e cultural dos peiraos.
Os portos nos que se celebran estas actividades foron elixidos pola súa situación dentro dos diversos camiños de Santiago, ao tratarse de puntos de referencia para os peregrinos. Cada un dos peiraos vai ser identificado cun monolito e con cartelería específica co lema dos portos xacobeos: "Hai camiño polo mar".
o programa na comarca do Salnés comeza este mesmo mes no peirao de Vilanova, onde o día 25 está prevista a inauguración da exposición "O Camiño Xacobeo por Mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa", que se vai ubicar na casa consistorial ata o día 31. O día 26 Celestino Lores, presidente da asociación Amigos do Camiño Portugués impartirá unha conferencia precisamente sobre a ruta marítimo fluvial da ría de Arousa, rematando as actividades ao día seguinte cun concerto de música clásica a cargo do Cuarteto de Clarinetes Stadler na igrexa parroquial de San Cibrán.
En abril, as actividades trasládanse a Pontecesures, que vai a acoller os mesmos actos que Vilanova o mes anterior, celebrándose a exposición e a conferencia o día 16 dese mes. O concerto de música clásica será na igrexa de San Xulián a cargo dun trío de corda con Oboe. O 5 de xuño o mesmo Concello acolle o tributo homenaxe á música dos anos 70 no peirao de Pontecesures.
No mes de Xullo, as actividades trasládanse a Cambados onde vai atracar o barco Hidria II que acollerá a conferencia de Celestino Lores, unha exposición e un concerto de música clásica o día 2 dese mes. O porto de San Tome acolle ao día seguinte o tributo homenaxe á música dos 70. Esta homenaxe trasládase o día 21 de agosto ao peirao de Vilanova, onde se pecharán os actos previstos dentro deste programa para o ano Xacobeo. As propias dársenas van ser o escenario para os concertos de pop e rock, concertos que van ter unha duración de tres horas con dúas bandas.
Quedan fóra destas actividades outros portos cunha importante carga económica e social na ría de Arousa, como son o de A Illa, O Grove e a propia Vilagarcía de Arousa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine