Vilaxoán recupera a súa historia

Un libro compila o patrimonio cultural e musical deste enclave arousano

04.03.2010 | 07:30

O concelleiro de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, e responsables de Central Folque presentaron onte o inventario que compila nun libro o patrimonio cultural, musical e artístico de Vilaxoán, un dos enclaves con máis identidade propia de Vilagarcía. A iniciativa, incluída dentro do proxecto Arousa XXI, tamén ten un apartado dedicado a Carril e pretende ser una aposta integradora para revitalizar unha cultura autóctona un tanto desleixada e que aspira a ser o cuño de identidade dunha das vilas máis senlleiras da ría de Arousa.

Catro meses e a colaboración de veciños, expertos e historiadores foron suficientes para que o equipo de Central Folque elaborase un amplo inventario que simboliza o primeiro paso para que Vilaxoán e a súa xente recuperen parte da súa identidade social. Marcos Lorenzo e Ramón Pinheiro conviviron durante todo este tempo como dous vilaxoaneses máis para elaborar un estudo analítico dos que se soltan conclusións que non son máis que a base dun proceso moito máis longo que acaba de iniciarse. Os traballos a pé de campo e as entrevistas persoais con veciños de distintas xeracións desvelaron que este enclave se sinte "desarraigado" e un certo "subordinado ao centro" pese a contar con un pasado rico en economía (pola historia fabril e conserveira) e, sobre todo, en música e tradición popular. Son estes os dous aspectos fundamentais sobre os que versa un traballo que fala de nomes propios e de agrupacións concretas, nas que se destaca a música das corais, das rondallas e dunha longa xeración de acordeonistas que hoxe en día se personifica na figura de "Manso". E é que Vilaxoán agocha entre as súa arquitectura mariñeira a nomes para moitos descoñecidos como Juan Bóveda, emigrado a Uruguay pero compositor de máis de 2.000 pezas. Boa mostra diso é a actividade que, pese á evidente influenza do centro vilagarcián, segue manténdose viva grazas ás comparsas de Entroido e tamén ao emblemático e único Vilaxoán Canta.
Pero hai máis, porque todos aqueles que coñecen Vilaxoán e que conviven a diario coas súas xentes saben que é un enclave distinto e cun cuño identitario propio. A arquitectura e o potencial gastronómico son os dous aspectos que, segundo os estudio, complementan un inventario que promete saldar a débeda histórica e recuperar a ilusión entre os veciños de Vilaxoán.
E é que parece claro que como en todo pobo mariñeiro a música e as composicións populares funcionan como un elemento de cohesión entre unha xeración actual que conta con un pasado marcado pola emigración e pola falta de posibilidades urbanísticas na localidade. Este estudo é unha aposta clara por recuperar esa identidade que, aínda que en moitas ocasións algo difusa polo efecto adverso de elementos externos, segue presente en mozos e vellos. Marcelino Abuín reseñou que o libro que recolle este meditado e concienzudo traballo será publicado para que todo aquel que o desexe, especialmente os estudosos e os propios veciños de Vilaxoán, poidan telo como manual de consulta e como unha referencia bibliográfica para deixar escrito que Vilaxoán ten historia, identidade e voz propias.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine