Opinión | tribuna LIBRE
Natalia González
Valentía, empatía e democracia
Pedro Sánchez abriu un período de reflexión, non só persoal senón tamén colectiva, para a cidadanía do noso país, que debera significar un antes e un despois na maneira de exercer e valorar a política ante o contexto global de sociedade na que algúns medios, organizacións ou a propia xustiza non axudan a consolidar e pretenden alterar o noso estado democrático.
Puxo sobre a mesa unha realidade, tremendamente obviada por algúns e algunhas que pensan que todo vale e carecen de empatía: os e as políticas somos persoas, con familia, amizades e sentimentos, que asumimos o reto de renunciar temporalmente a moitas cousas, porque defendemos uns valores e principios, con honestidade e lealdade, e loitamos día a día polos dereitos, melloras e avances sociais para todos e todas.
Penso que a inmensa maioría de nós prantexouse non unha, moitas veces, se realmente paga a pena, se o coste persoal é directamente proporcional ao respecto e recoñecemento social, individual e colectivo. E a resposta dos e das valentes é sí, poder cambiar a historia dentro dun partido ou nunha institución representando á cidadanía e baixo as siglas do PSOE é duro pero excepcional.
É evidente que o acontecido co actual presidente do Goberno e secretario Xeral do PSOE podería cualificarse xa como a campaña de acoso e derribo máis infame da historia da democracia en España, e ten responsables con nome e apelidos, coa dereita e a ultradereita á cabeza.
Os bulos, mentiras e descualificacións aínda continúan impunes, sen rectificación nin desculpa pública de ningún tipo, difama que algo queda é a premisa, degradar a política e ás persoas, porque eles nunca aceptan e acatan a vontade democrática da cidadanía nas urnas se eles non son os gañadores. Pedro foi sempre valente, resistiu e cambiou a historia, fai tempo que gañou, e con él España e o PSOE, pode que tarde o recoñecemento, soe ser así, pero chegará. Pase o que pase, o camiño para gañar nunca debera ser o dos mediocres, nin os dos covardes, nin o dos mentiráns, o pobo é quen máis ordea, o silencio cómplice nunca debe ser unha opción.
Pedro, non pasarán, nin hoxe nin nunca, porque ti nos ensinaches que loitar, resistir, persistir e nunca desistir dá sentido á política como ferramenta para cambiar e mellorar a vida das persoas, cos nosos valores e ideas intactos e sabendo que son máis necesarios ca nunca na sociedade actual na que vivimos.
En Galicia e en Ourense vivimos nun permanente «déjà vu». Antes Pedro foi Paco, foi Áurea, foi Marga, foi Agustín, foi Pepe Orozco, foi Lara, foi Besteiro e foron moitos compañeiros e compañeiras. Nada vai reparar o dano persoal, político e institucional xa pero é a nosa obriga rebelarnos e loitar sempre para defender a democracia e ás persoas que cren na política e que cren que merece a pena, a pesar de todo, respectando as súas decisións.
Por iso Pedro somos todas e todos, unha maioría social que desexa que España avance.
Chegou o momento de espertar, reaccionar e defender ao noso país: valentía, empatía e democracia.
Secretaria Xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense
- La madre de Gabriel Cruz encara una batalla judicial para parar un documental participado por Ana Julia Quezada
- El restaurante, cerca de Vigo, donde pondrás sentirte dentro de 'El señor de los anillos' mientras disfrutas de las tradiciones gallegas
- Lleva a reparar su barco a un taller de Vigo y le facturan 4.800 euros por averiguar la avería
- Este es el sueldazo que se embolsaron Rocío Carrasco, Terelu Campos y Alba Carrillo en su paso por 'Bake off
- La aurora boreal sigue coloreando el cielo gallego
- Ion Aramendi se pronuncia sin miramientos sobre el futuro de los Mozos de Arousa: "Todo tiene un principio y un final
- Los tribunales condenan de nuevo al Concello a indemnizar a una vecina por una caída
- Las mariscadoras de A Illa luchan contra una especie foránea que acaba con la almeja