03 de diciembre de 2016
03.12.2016
VAL MIÑOR

Recoñecemento para Manuel Rial Cadaval

03.12.2016 | 02:20

Foi o 30 de novembro de 1996, hai xa vinte anos, cando reunimos en Nigrán, Pontevedra, a diferentes actores para poñer a andar o que logo sería o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Alí estaban alcaldes e concelleiros de formacións políticas diversas, traballadoras sociais, xestores de organizacións non gobernamentais? Manuel Rial, daquela socio na alcaldía de Nigrán nun momento especialmente convulso do municipio, asegurando o apoio persoal e institucional fixo posible a realización daquel encontro inicialmente ideado para analizar a xestión local da solidariedade internacional. Presidíao aquela máxima coñecida de Henri Barbusse: reivindicar o imposible para realizar o posible.

Con posterioridade ao encontro, que tivo lugar na Residencia do Tempo Libre de Panxón, en Patos, distribuíuse a todos os concellos e deputacións de Galicia un breve estudo sobre "Poder local e cooperación internacional", publicado na revista "Grial". Esa separata, financiada na súa elaboración e distribución a toda Galicia polo Concello de Nigrán, permitiu que en maio do ano seguinte, xa na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), consumarase a decisión de constituír o Fondo Galego. En seis meses fora posible convencer aos mais comprometidos de que non podería haber cooperación de calidade en Galicia e desde o local se non mancomunábamos esforzos.

Manuel Rial foi quen de apoiar eses primeiros pasos indispensables para que a idea agromara: realización dun diagnóstico previo, identificación dos actores e dos aliados, cronograma, etc., pero tamén a definición de principios guía: pluralidade, independencia, compromiso desde aquí, iniciativa pública, xestión democrática, apertura á sociedade, nun intre en que o municipalismo galego daba pasos para unha converxencia irreversible.

Naquel evento participou tamén a FEMP (a través de Luz Romero) e un representante de Nacións Unidas en España, Carlos Jiménez, hoxe no Centro de Información da ONU en Bruxelas.

Daquela queriamos establecer un amplo intercambio de pareceres. A idea fundamental era a de que para cooperar con terceiros pensando non tanto na foto aquí como na eficacia aló, debemos cooperar entre nós primeiro. Non hai mellor pedagoxía. Nunha realidade como a local galega, con máis do 90 por cento dos concellos con recursos escasos e orzamentos limitados, aínda destinando o 0,7 por cento a este cometido, as probabilidades de realizar accións de mínimo impacto nos países receptores eran nulas. Coordinándose e sumando era posible. O noso referente para conseguir esa suma foi o Premio Blanco Amor de novela: se os concellos podían poñerse de acordo para crear un premio así por que non haberían facelo para impulsar unha cooperación internacional con sentido de país.

A Manuel Rial cabe recoñecer que soubo entender dende o primeiro momento o alcance da proposta e sumouse a ela procurando concitar vontades sen ánimo ningún de obter medallas a cambio, nin propias nin para as súas siglas. Coa discreción que sempre caracterizou o seu facer público quizais pola súa propia clareza de ideas, despois de participar activamente na comisión xestora do Fondo entendeu que unha vez constituído o seu papel debía ser outro e aceptouno con total naturalidade. Hoxe, cun Fondo recoñecido como terceiro piar do sistema galego de cooperación, seguimos precisando de persoas así. Non deben quedar fóra do noso relato. E aqueles outros que desde coordenadas próximas teiman en dar pasos atrás non farían mal en deixarse contaxiar polo seu exemplo.

*Director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

POR RAFAEL L. TORRE

El Hotel Universo

Pontevedra conoció la modernidad en aquel establecimiento tan chic y disfrutó mucho de sus...

 
 

La calle que debe ser para Pepe Simón

La clase política, ya se sabe, no acostumbra a tener buena memoria....

 
 

JUAN JOSÉ MARTÍNEZ JAMBRINA*

Proust en el olivar de Saramago

El análisis de los psicoanalistas de los llamados "locos geniales"

 
 

MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ COELLO

Orense Balneario tiene mar

Orense Balneario tiene mar. Es una localidad integrante en el partido de Tres Arroyos, al sur...

 
 

PILAR GARCÉS

Las dos Españas de Sabadell

La propuesta de quitar a Machado, Quevedo o Goya del callejero de la localidad catalana

 
 

PEDRO DE SILVA

Cargas de nuestra civilización

El objetivo del terrorismo, como su nombre indica, es provocar...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine