CAMPO DE GRANADA

Teatro García Barbón

22.07.2014 | 02:11

Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na praza da Princesa, extramuros, inaugurou o rico comerciante Norberto Velázquez Moreno. Aquel Teatro de Vigo, gabado por Nicolás Taboada Leal como o mellor da Galicia do seu tempo, funcionou na Porta do Sol durante case medio século, até que en 1882 abriu outro máis amplo e moderno, o Circo-teatro Tamberlick. Este segundo teatro vigués, concibido polo mestre de obras Sesmero como un espazo polivalente, serviu na rúa do Circo (hoxe Eduardo Iglesias), durante case un século, como teatro, circo, primeiro cine vigués e foro político, onde Pablo Iglesias, o ferrolán fundador do PSOE, pronunciou o 6 de xaneiro de 1900 un extraordinario discurso de hora e media de duración.

O terceiro dos teatros vigueses foi o Rosalía de Castro, cuxos nomes de proxecto, segundo Jaime Garrido Rodríguez, foran "Romea" e "Cervantes", situado entre as rúas Policarpo Sanz, Reconquista, Marqués de Valladares e Rosalía de Castro (hoxe Darío Álvarez Blázquez). Un gran teatro decimonónico de estilo italiano, cuxo modelo era a Scala de Milán, inaugurado o 15 de xullo de 1900, tras quince anos de obras, que tivo vida efémera, xa que foi destruído por un incendio o 8 de febreiro de 1910, cando alí se celebraba un baile de entroido.

Sobre as cinzas do teatro Rosalía de Castro as herdeiras do filántropo verinés José García Barbón encargaron a Antonio Palacios a construción dun gran teatro ao servizo de Vigo. Un proxecto ambicioso que o arquitecto porriñés expuxo á cidadanía viguesa hai un século, un edificio monumental con funcións de teatro, casino e cine que tras máis dunha década de traballos sería inaugurado en 1927 como teatro García Barbón. Dende entón, o gran teatro de Palacios foi considerado como unha das iconas vigueses, fachenda arquitectónica do pulo dunha cidade laboriosa e cosmopolita. Albergaba os salóns do elitista Casino, un gran teatro con acceso dende a rúa Policarpo Sanz e do cinematógrafo Rosalía de Castro (bautizado xa así na súa inauguración) con acceso dende Marqués de Valladares. Cinema coqueto, ao que despois se engadiría un restaurante e cafetaría, que durante os anos setenta funcionaría como sala viguesa de Arte e Ensaio, onde vimos películas inesquecibles e inentendibles como aquela búlgara "Corno de cabra" en cartel durante moitas semanas.

Adquirido por Caixavigo para transformalo en centro cultural, o García Barbón foi rehabilitado, baleirado na súa totalidade, entre os anos 1982 e 1984, polo arquitecto Desiderio Pernas. Unha rehabilitación non exenta de polémica, xa que foi modificada a fachada orixinal de Palacios da rúa Marqués de Valladares, ademais de cubrirse a terraza cunha cuberta de cobre baixo a que se instalou unha biblioteca. A esa reforma de Pernas pertencen as magníficas esculturas dos cabalos de bronce de Xoán Oliveira e as cinco pezas alegóricas de Manuel García Buciños da fachada principal.

Tras esta rehabilitación o edificio foi rebautizado como Centro Cultural Caixavigo e, máis tarde, seguindo o proceso de fusións da entidade prropietaria, como C.C. Caixanova e C.C. Novacaixagalicia. Xaora, a pesar da teimosa insistencia dos responsables da caixa de aforros de erradicar os nomes de García Barbón e Rosalía de Castro de edificio tan emblemático, a memoria popular viguesa, sempre tan sabia e prudente, continuou utilizándoos. Hoxe, cando Vigo perdeu para sempre a caixa de aforros e tamén a sede da fundación Novacaixagalicia (unha decisión da Xunta de Galicia que Núñez Feijoo debe explicar con detalle), e antes de asistir a un novo bautizo do edificio, semella moito máis razoable recuperar as denominacións históricas e populares para o que continúa sendo o primeiro teatro de Vigo: "Teatro García Barbón" e "Auditorio Rosalía de Castro"; ás que me atrevo propoñer se engadan as de "Biblioteca Plácido Castro", en lembranza do grande tradutor, e "Sala de Arte Urbano Lugrís", en memoria do que foi o pintor primeiro da cidade atlántica. Este exercicio de restitución da memoria cultural viguesa debería estenderse ao edificio onde a caixa de aforros instalaou o seu Centro Social na rúa Policarpo Sanz, que debería recuperar o seu nome popular de "Casa Bárcena".

Na nova etapa que abre a fundación Novacaixagalicia, bautizada como A Fundación, un proceso do que moi pouco sabemos os cidadáns galegos, é imprescindible que os sinais de identidade vigueses sexan respectados. Os propietarios de Abanca, como tamén os responsables de A Fundación, onde van ter un importante peso decisorio, non poden esquecer que o Teatro García Barbón, o Auditorio Rosalía de Castro e o Centro Social Casa Bárcena (e a súa colección de arte galega, a primeira e máis importante do patrimonio de noso) forman parte esencial do ser de Vigo e da súa área metropolitana.

stylename="070_TXT_inf_01">bretemas@gmail.com

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La conexión

Dicen, la mayoría de los que lo hacen o hicieron, que el aspecto más difícil de la política es...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El piano de Narcís Serra

Según datos del Consejo del Poder Judicial, los jueces españoles procesaron a 659...

 
 

PEDRO DE SILVA

La primavera tiene sus edades

Todas las primaveras son raras, sobre todo al principio. La rareza...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

La extrema derecha como coartada

Era poco verosímil, por no decir imposible, que el...

 
 

CONCEPCIÓN CAMPOS ACUÑA*

Los ayuntamientos gallegos avanzan en transparencia

243. Esta es la cifra de ayuntamientos gallegos que disponían,...

 
 

LUIS M. ALONSO

Excavar en los detalles

Ha muerto Jimmy Breslin con 87 años y quizá el hecho no les diga gran cosa. Fue...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine