A vida está feita de cousas máis ou menos sinxelas e sen importancia a maiores, pero que condicionan o concepto de felicidade no que nos sentimos e cremos estar en cada momento, aínda que ás veces erroneamente e a sabendas de que estámonos enganando a nos mesmos, non por elo deixamos de sentir que o somos, porque o precisamos.

Ninguén pode estar permanentemente amargado, enfadado, triste ou resentido, porque ao final indefectiblemente desta xente e a depresión e o suicidio, darse morte pola súa man como o derradeiro medio de atopar descanso e a felicidade ansiada.

Nos últimos tempos non hai día que non vexamos ou escoitemos a alguén falar en algún destes platós de televisión e radio; os famosos tertulianos, que falan de todo, saben de todo, opinan de todo e con todos os meus respectos, non din máis que estupideces.

Estes señores, moitas veces pechados en inmensos despachos de moqueta e mesa de caoba, na que nadan incontables informes importantísimos socioeconómicos, xeopolíticos, e estudos psicosociais, comentan sen desmaio os temas que segundo eles nos preocupan e quitan o sono aos invisibles mortais coma min e tantos outros caladiños de andar por casa. E eu dígolles que non perdan o tempo, que saian a rúas e pisen as cacas dos cans nos parques e tomen algún que outro groliño nos bares dos nosos barrios, porque como as meigas das nosas fragas, aínda que cada vez menos; habelas hainas.

O que de verdade nos interesa á xente son as nosas cousiñas; a saúde, os fillos, os amigos e veciños, as cousas da vida, que dura moi pouco e cando daste conta rematou irremediablemente. Qué nos importa a nos o secretario xeral de tal ou cal partido? Que o rei abdique? As recomendacións do FMI, a intención de fodernos aínda máis da Troika e os seus cans de presa da UE?

Pois non, todo isto impórtanos un pito.Eu digo que o que queremos a inmensa maioría silenciosa do mundo mundial, é VIVIR, e que nos deixen vivir en paz, traballar, rir, e soñar, ter as nosas miserias, as nosas ledicias, os nosos desencantos por nós mesmos sen que nos teñan que dirixir e controlar a vida, o que sentimos, o que pensamos, o que falamos, o que queremos, o que somos e onde estamos, isto que estase convertendo en algo normal nesta merda de aldea global no que se está a converter a sociedade da modernidade e o consumo.

A filosofía de vivir, é o realmente importante, estas cousiñas cousas que o outro día un grupiño de vellos, vellos amigos de anos e anos de traballo xuntos, de discusións, de proxectos e de fracasos en común, vellos de idade porque xa pintamos canas, temos o oído máis ben duriño, e de cando en vez os ósos se queixan e nos recordan que están aí, vellos en coñecementos e experiencia, e vellos en renunciar e soños estragados. Falabamos no furancho do Agustín, aquí mesmo en Bascuas, diante dun bo xantar, que é como mellor se ven as cousas de cada día, do que realmente nos importa a todos nos; a saúde, o amor, a soedade, a amizade o futuro dos nosos fillos.

Que sei Eu! Desde logo o que menos nos importou e o novo rei ou a República.