farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Campo de Granada

Hospital público

Manuel Bragado

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Equivocouse Pilar Farjas, a conselleira de Sanidade, cando agoirou no Parlamento que á manifestación en defensa do carácter público do novo hospital de Vigo só acudirían os deputados da oposición. Sen entrar a contrastar a cifra de asistentes proporcionada pola Policía Local, non hai dúbida ningunha que a este primeiro chamamento da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública acudiron milleiros de persoas (moitas) que esixiron un financiamento e xestión pública da construción do que deberá ser o hospital de referencia da área metropolitana de Vigo durante as vindeiras décadas.
Tras máis de cincuenta ano dando servizos o do Pirulí, como o Cíes, de construción máis recente, son dous edificios agotados, insuficientes en espazos e medios que permitan proporcionar a resposta asistencial axeitada ás necesidades do Vigo do século XXI. Velaí a necesidade, que ninguén discute, de construír de forma inmediata en Beade (como contempla o PXOM e como decidiu o goberno bipartito) un grande hospital, o maior dos existentes no noso país. Porén, este consenso, como en tantos outros temas da axenda política galega, rompeu coa pretensión do goberno de Feijóo de utilizar a "fórmula PFI" (siglas en inglés de "Iniciativa de Financiamento Privado") como modalidade de financiamento dunha obra, inicialmente orzamentada polo bipartito en 485 millóns de euros e financiada durante quince anos pola Sociedade Pública de Investimentos. A fórmula PFI, utilizada dende os anos noventa para a construción de hospitais en Gran Bretaña e polo Partido Popular nas comunidades de Valencia e Madrid, consiste en que unha empresa privada constrúe un hospital e queda coa xestión dos servizos non clínicos. Pola súa banda, a administración sanitaria asume a dotación do persoal sanitario e paga á construtora durante un tempo pactado un aluguer pola infraestrutura e, xeralmente, tamén unha cantidade por paciente.
Esta fórmula PFI –como sinalou o doutor Javier González Medel na mesa redonda organizada esta semana pola Asociaicón Galega de Defensa da Sanidade Pública no Marco– é hoxe rexeitada por máis do oitenta por cento dos usuarios da sanidade británica que consideran que reduce a calidade do servizo e o número do persoal sanitario. Sen dúbida, a pesar de que non se desvelaron aínda todos os detalles, será tamén a fórmula escollida polo goberno de Feijóo para construír o hospital de Beade. Así o adiantou a conselleira Farjas cando falou no Parlamento dun proxecto que suporá unha concesión privada por pagamento aprazado durante "trinta ou corenta anos" (cando os edificios estarán obsoletos) para a construción dun hospital de 1.465 camas (case trescentas menos que as previstas polo bipartito) e para a xestión da seguridade, aparcadoiro, lavandería, limpeza, xestión de locais comerciais e mantemento de equipos de alta tecnoloxía.
Este anuncio de privatización do novo hospital, avalado polos responsables do PPdeG e do actual CHUVI co argumento de que constitúe a única fórmula posible para asegurar que a súa construción se realice en catro anos, agoira un considerable aumento do custe para a facenda galega (as cifras poden ser escandalosamente elevadas) e acende todas as alarmas daqueles que cremos na xestión pública duns servizos sanitarios de calidade. Se a isto engadimos, como sinala a moción aprobada esta semana pola propia corporación municipal de Vigo, que do proxecto de Feijóo desaparecen as unidades de investigación e queimados (que se manterá en POVISA, centro privado que continuará ademais como hospital xeral de adscrición voluntaria) e desaparece tamén o seu carácter de hospital oncolóxico de referencia, non é difícil concluír que o hospital de Beade será máis caro e terá menos servizos que os previstos polo proxecto do bipartito.
Ademais, tras a crise financeira internacional é indefendible o tópico, tan ben estendido polo pensamento conservador neoliberal, de que "un ente privado administra mellor ca un público"; como experiencias temos abondas de que estas fórmulas de concesión administrativa de servizos públicos son rendibles sobre todo para quen as xestiona e obtén as súas plusvalías. Ou é que unha unión de empresas privadas como a que se pretende facer en Beade (posiblemente formada por algunha entidade bancaria, construtora e empresa sanitaria) arrisca en difíciles tempos de crise varios centos de millóns de euros para acadar os beneficios da concesión da cafetaría e da limpeza do hospital? Cantas veces os cidadáns da área metropolitana viguesa amortizamos coas nosas peaxes e impostos a construción da ponte de Rande, desque a privatizou hai unha década un goberno do Partido Popular? Queremos volver á política fracasada das fundacións sanitarias dos gobernos de Fraga ou da privatización dalgúns servizos clínicos?
bretemas@gmail.com

COMPARTIR
 
  Encuestas de actualidad
¿Estaría de acuerdo con alargar hasta los 18 años al enseñanza obligatoria?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
49%
No 51%
 
Ver más encuestas »
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas