O Museo Massó de Bueu tamén se une un ano máis aos actos para conmemorar o Día Internacional dos Museos. Nesta ocasión preparou unha actividade pensada especialmente para os máis novos. Aproveitando os descubrimentos arqueolóxicos de Pescadoira e da chamada "Ánfora San Martiño de Bueu" organizou un obradoiro para nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 años. O título era "Arqueolog@ por un día" e o obxectivo era achegar dun xeito práctico e divertido as claves e aspectos máis importantes da actividade arqueolóxica. O obradoiro completouse cunha visita guiada á colección permanente do Museo Massó, que entre os seus fondos conta con varios incunables e unha das coleccións máis importantes vencellados ao mundo do mar.