A catalogación e a difusión pública da riqueza do patrimonio cultural axuda a combatir os expolios. Os expertos subliñan que é preciso sensibilizar á cidadanía para que coñeza o valor real dunha riqueza que a miúdo é de todos. O descoñecemento provoca, ás veces, que non se lle dea suficiente relevancia a algúns verdadeiros atentados contra o patrimonio.

Un dos exemplos máis claros é o dos cruceiros. Durante décadas, este tipo de monumentos foron obxecto dunha teima especial por parte do mercado negro. Foron moitos os que saíron das nosas fronteiras camiño de mercados coma o francés. Aínda así, tamén houbo abundantes casos de roubos para decorar fincas privadas.

Constancia

O concelleiro de Cultura de Lalín, Román Rodríguez, sinalaba onte que os roubos deste tipo no municipio son prácticamente inexistentes. De feito, apuntaba que non tiña constancia de roubos de cruceiros no municipio nos últimos anos. A catalogación institucional serve de parapeto. Aínda así, comarcas como a da Costa da Morte sufriron aínda recentemente a desaparición deste tipo de monumentos pétreos.

Un expolio que saltou ás primeiras páxinas da prensa foi o do castro de Palio, que aconteceu no ano 2000, a consecuencia deste delicto foron inculpados catro veciños. Finalmente, a sala número 1 do Penal de Pontevedra condeou a tres deles a dezaoito meses de prisión e ao pago de 180.000 euros.