Galicia prepárase para o día de Todos os Santos,. e os camposancos xa empezan a lucier como é costume neste día.

Pero máis alá do aspecto relixioso, o turismo é eixo tamén da xornada festiva. Así, Galicia é a segunda comunidade cunha menor taxa de ocupación de casas rurais de aluguer íntegro para a ponte de Todos os Santos, cun 33 por cento. Por detrás, unicamente figura Asturias, cun 31 por cento.

Son datos do buscador de aloxamentos rurais 'Toprural', que revelan que as casas rurais de aluguer íntegro da Comunidade galega rexistraron un aumento de 12 puntos porcentuais na súa ocupación sobre o mesmo período de 2012, a falta de contabilizar as reservas de última hora.

Sexa como sexa, o Principado de Asturias e Galicia volven ser, ao igual que o ano pasado, as autonomías con menor ocupación neste ámbito turístico.

No lado oposto, as dúas primeiras posicións do ranking ocúpanas Navarra (cun 79% fronte ao 80% de 2012) e Cataluña (74% fronte ao 63% do ano pasado).

En canto ao aumento de reservas, os maiores danse en Extremadura (30 puntos máis que en 2012), País Vasco (27 puntos máis) e Castilla- La Mancha (24 puntos máis). As únicas comunidades que sofren descensos son Murcia, Canarias e Navarra, con oito, tres e un punto porcentual, respectivamente.