Vacas Omega 3

Leyma encarga un estudo pioneiro a investigadores para producir leite baixo en graxa introducindo leguminosas nos pensos

 23:29  
Manuel Barbeito, gandeiro de Cambre, no momento de muxir as vacas da súa explotación.  // Juan Varela
Manuel Barbeito, gandeiro de Cambre, no momento de muxir as vacas da súa explotación. // Juan Varela 

O mercado demándao. Un leite coa mesma textura e sabor pero con activos máis beneficiosos para a saúde. Empresas lácteas galegas xa introduciron semente de liño nos pensos para conseguir produtos baixos en graxa, pero Leyma pretende ir máis aló incluíndo leguminosas na alimentación do gando. Para coñecer os seus efectos, o grupo lácteo galego encargou un estudo pioneiro ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. En Inglaterra xa se demostrou que a novidosa dieta que agora se estuda en Galicia xera un leite co dobre de Omega 3.

R. PRIETO - A CORUÑA O futuro da maioría das granxas galegas pende dun fío. Cos prezos do leite polo chan, aos gandeiros quédanlle poucas saídas. Ante ameaza de peche das explotacións que se ven afogadas polos gastos, unha porta ábrese para poder rentabilizar a súa produción. Uns catro céntimos máis por litro por alimentar ao gando de forma tradicional, con pastos e forraxes propias. Unha alimentación que permite producir leite con menos ácidos graxos saturados e con máis Omega 3. Un leite máis sano, made in Galicia, que axudará a previr o colesterol e as enfermidades cardiovasculares.

Como? Moficando a dieta do animal. Na actualidade, empresas galegas como Leyma ou Feiraco xa teñen no mercado produtos baixos en graxas saturadas utilizando aceite de liño como compoñente dos pensos. Pero Leyma pretende dar un paso máis e conseguir un leite con máis contido de Omega 3 incluíndo na alimentación do gando leguminosas como os trevos branco, violeta, encarnado, migueliano ou vesiculoso, a alfalfa, os chícharros forraxeiros ou a serradela. Para iso, o grupo lácteo galego acaba de encargar un estudo ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería de Medio Rural, sobre os efectos das leguminosas, empregadas tanto frescas —recén cortadas ou en pastoreo— como conservadas en forma de silo, no perfil de ácidos graxos do leite.

Pero non todas as explotacións terán cabida neste sistema pioneiro que Leyma pretende introducir en Galicia cambiando a alimentación do gando. A empresa do grupo Leite Río busca explotacións cun manexo máis sostible tanto económica como ambientalmente esixindo que cada granxa teña menos de dúas cabezas de gando maior por hectárea e que se alimenten fundamentalmente ca herba das pradeiras propias.

A iniciativa foi presentada esta semana a 120 gandeiros na sede do Centro de Inventigacións Agrarias de Mabegondo. Algúns estudos, segundo apunta Juan Piñeiro, xefe do Departamento de Pastos e Cultivos do CIAM, revelan que a inclusión de leguminosas na dieta incrementa, comparado co uso das gramíneas, a proporción de ácidos graxos poliinsaturados, é dicir de Omega 3, na graxa do leite. O efecto de empregar a ensilaxe de trevo colleitado, comparado cunha gramínea, equivale a engadir diariamente aos pensos entre 250 e 300 gramos de aceites vexetais. En Inglaterra, estudos da Universidade de Newcastle demostraron que vacas alimentadas con dietas orgánicas producen leite máis sano. Os científicos descubriron que os animais que viven fóra do establo desde marzo ata outubro e se alimentan casi enteiramente de herba fresca teñen niveis máis altos de ácidos graxos sanos como o CLA9 e Omega 3. Este estuudo, en colaboración co centro de Mabegondo, non é o único no que está traballando o grupo lácteo. Desde o verán, Leyma ten no mercado leite cun 20% menos de ácidos graxos saturados e co dobre de Omega 3 a base de reforzar o consumo de forraxes e engadir semente de liño ao penso. Desde entón, Leite Río recolle a diario 50.000 litros en 50 explotacións gandeiras da Coruña, Lugo e Pontevedra que despois comercializa baixo a marca Leyma Natura. O seu obxectivo, segundo comenta o xerente da marca, Xoán Rodríguez, é pechar 2009 con 150 explotacións sostibles e cunha produción diaria de 150.000 litros de leite fresca pasteurizada. Un proceso de alimentación máis loborioso e custoso para o gandeiro pero que tamén ten a súa recompensa. Até catro céntimos máis por litro.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya