Que son un gran apaixoado do mar e dos deportes náuticos. Fixen dúas travesías ás Azores en barco con amigos e foron unhas experiencias inolvidables. O meu soño, ao que aínda non renunciei, é poder cruzar o Atlántico en barco de vela. O meu pai inculcoume o amor ao mar e dende moi pequeno teño unha relación especial co mar. De feito é unha dos cousas que máis boto de menos ao vivir en Compostela, así que sempre que podo escápome a Noia para poder desfrutar da ría. Durante moitos anos practiquei submarinismo e practicar a pesca e poder gozar dos fondos marinos é unha dos cousas que máis me gustaba. Teño o titulo de padrón dende hai anon e encántame navegar".