Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Gustaríame volver traballar nun proxecto así"

-Gustaríalle formar parte dalgún proxecto máis deste tipo como ilustradora?

-Se son sincera, evidentemente si, cando fas algo así e logo o ves impreso si que che da gusto. Pero como para que despois continuar, é complicado, porque son consciente de que hai xente moi boa, isto foi unha oportunidade á que estou agradecido. Pero traballando nunha editorial son consciente do que vexo todos os días e hai traballos moi bos, como para dedicarme á ilustración no sentido estrito.

-Xa que tocou a parte xornalística, gústalle máis deseñar, debuxar ou escribir?

-Seguramente escribir o último. Logo de probar varias cousas, si que lle teño cariño a escribir pero eu prefiro por exemplo o deseño gráfico, xogar un pouco máis co visual, para as portadas, por exemplo. Aínda que sexa dunha maneira mais dixitalizada, quédame máis no meu campo, na rama creativa,porque a fin ó cabo a ilustración é desenvolver o completo. No deseño gráfico buscas máis o impacto, que principalmente é a portada. Eu teño medo de que agora o libro non haxa un rapaz que mire para el, porque teñen que ter uns colores vivos que chamen. A dificultade ilustrar un conto é tamén que ademais de ter en conta a escea, hai que ter en conta o cadro de texto, porque tes que ter moi claro onde vai estar ubicado para ti a partir de alí facer a ilustración, senón podes comerte un debuxo sen darte de conta .

-Como están os proxectos de Edicións Fervenza?

-Neste momento non nos podemos queixar porque estamos sacando libros, pero é complicado saber a longo prazo en que deparará a situación.

Compartir el artículo

stats