Oubiñada

31.03.2013 | 09:20
Song y Bermejo pelean por un balón aéreo. // Ricardo Grobas
Song y Bermejo pelean por un balón aéreo. // Ricardo Grobas

Foi a de onte unha tarde dunha grande oubiñada, tanto polo gol decisivo do capitán celeste coma polo seu extraordinario partido no que sostivo ao Celta fronte ao mellor equipo do mundo. Poucas veces celebramos tanto un gol do grande Borja Oubiña, insignia do Celta desta década, como esta marabillosa cabezada, caíndo en chapa preto da área pequena. Un gol memorable, fermoso, que permite aos nosos continuar con maior pulo na pelexa pola permanencia. - non foi doado acadar este empate, que soubo a gloria, fronte a este Barça construído arredor dun Messi obsesionado por golear en Vigo e acadar outra das súas marcas.

Abel Resino adiantou a defensa, afastou aos seus laterais das bandas e con Insa e Pranjic construíu un trivote no medio do campo baixo o control de Borja. Este debuxo táctico permitiulle xuntar as liñas e reducir os espazos arredor de Messi, o que supuxo ademais reducir o tempo de posesión do Barcelona. Resultou un acerto, sobre todo polas posibilidades que tiveron Orellana e Augusto para chegar a área de Pinto, mais tamén un grande risco no terreo defensivo, xa que facilitou uns amplísimos corredores polos que Tello e Alexis intentaron buscarlle as costas aos nosos laterais Jonhy e Roberto Lago, aos que lles tocou a peor parte.

O partido foi tan igualado coma xusto resultou o marcador final. Foi de tenteo o primeiro cuarto de hora, no que o Barça xa procurou a entrada dos seus extremos. O Celta respondeulle coa velocidade dun Orellana motivadísimo e coa vontade diesel de Augusto, a quen lle foi anulado un gol no minuto doce. A posesión pasou ao Barcelona, mais o Celta non perdeu nin a súa intensidade nin a súa orde nin a súa paciencia, procurando atopar a mínima oportunidade para quebrar a cintura de Piqué. Cando os nosos aínda se recuperaban da primeira xenialidade de Messi, apareceu unha ocasión de ouro para eles. Park foi derrubado na área de Pinto, tras outra combinación de Orellana e Augusto. Un penalti non sinalado, que sería "compensado", sete minutos despois, preto da media hora de xogo, cando o árbitro non quixo ver unha falta semellante de Roberto Lago sobre Messi.

Durante o treito final da primeira parte o xogo estaba moi vivo en ambas as dúas áreas. Oubiña xutou moi duro sobre Pinto, aproveitando na área un erro colosal de Piqué. Respondeu Messi cun servizo sobre Tello que a promesa guindou a Marcador. O Celta quería, e puido. No minuto 37, volveuno intentar Orellana. Entrou na área, caneou a dous defensas e deixou que fose Insa quen marcase o primeiro tanto dun biqueirazo. Decontado respondeu Messi cun saque de falta maxistral, desviado in extremis por Varas. Mais, un minuto despois sería Tello quen igualaría o marcador, cando por fin, despois de moito intentalo, pillou as costas de Jonhy.

Tras a reanudación o Barcelona recuncou na súa estratexia de entrada polas bandas. Nunha destas tiradas, Messi fabricou o gol que precisaba o seu historial. Abriu moi profundo sobre Tello, que despois de superar ao seu defensor centrou para que o astro arxentino marcase a pracer. Faltando menos de vinte minutos o encontro diante de tan poderoso rival semellaba perdido. Porén, o Celta de Resino non se rendeu. A entrada do medio centro gabonés Madinda foi decisiva. Das súas biqueiras naceu a incrible igualada. Un balón gañado polo canteirán permitiu o centro de Orellana que viu como quedara só Oubiña na área pequena. Non fallou o gran capitán. Foi un partido inesquecible para a nosa memoria como afeccionados. Poderemos contar que vimos marcar a Lionel Messi o seu primeiro gol en Balaídos, no mesmo encontro no que Borja Oubiña respondeu cunha gran cabezada para a historia do celtismo.

bretemas@gmail.com

Celta de Vigo

Un grupo de seguidores del Celta, ayer frente al estadio de Balaídos. // José Lores
El celtismo reactiva su ilusión

El celtismo reactiva su ilusión

Los aficionados del Celta sueñan con una temporada en la que los de Unzué hagan un buen papel en...

Marcelo Díaz escribe su final en el Celta

Marcelo Díaz escribe su final en el Celta

El chileno rescinde el contrato con el conjunto vigués y continuará su carrera en el Pumas

Iñigo Martínez y Rubén Pardo, bajas ante el Celta

Iñigo Martínez y Rubén Pardo, bajas ante el Celta

El central, lesionado, está en el foco mediático por el posible interés del FC Barcelona

El é o celtismo e o seguirá sendo alá onde estea

El é o celtismo e o seguirá sendo alá onde estea

O Presidente da Federación de Peñas do Celta de Vigo lembra a un dos afecionados do club máis...

La despedida de Chelo Díaz: "Ha sido inolvidable vestir la camiseta del Celta"

La despedida de Chelo Díaz: "Ha sido inolvidable vestir la camiseta del Celta"

El chileno dedica unas palabras de agradecimiento a sus compañeros, a personal del club y a la...

Marcelo Díaz abandona el Celta tras año y medio en Vigo

Marcelo Díaz abandona el Celta tras año y medio en Vigo

El jugador se despidió de la plantilla antes del entrenamiento de hoy

Deportes

Borja Jiménez, entrenador del Rápido de Bouzas. // Jesús Regal
Borja Jiménez: "Necesitamos hacer treinta puntos en el Pujales"

Borja Jiménez: "Necesitamos hacer treinta puntos en el Pujales"

El técnico confirma que la llegada de nuevos jugadores está todavía abierta ä El club busca...

Paulinho: "Estoy preparado para el Barça"

Paulinho: "Estoy preparado para el Barça"

El brasileño asegura que puede encajar "perfectamente" en el estilo de conjunto azulgrana

El club confirma que Messi sigue sin firmar la renovación

El vicepresidente deportivo del Barcelona, Jordi Mestre, reconoció que el delantero...

Luis Suárez estará cuatro semanas de baja

Luis Suárez estará cuatro semanas de baja

Piqué, duda para el estreno liguero

La sonrisa del Real Madrid

La sonrisa del Real Madrid

Zidane, que lleva siete títulos de nueve posibles, ya es el tercer entrenador con más trofeos del...

El Valencia a medio hacer recibe al Las Palmas

El nuevo Valencia de Marcelino García Toral arranca la nueva temporada en Mestalla donde se...


Buscador de deportes

Enlaces recomendados: Premios Cine