| A Casa da Cultura quedou onte pequena na presentación, cinco anos despois, dun novo boletín do Seminario de Estudios Redondeláns. O volume foi prologado pola catedrática Pilar Gª Negro, quen onte en Redondela saudou a iniciativa do Seren lembrando que "a desmemoria e a perda de referentes xogan contra a construción da historia do noso pobo".