18 de mayo de 2017
18.05.2017
CAMPO DO FRAGOSO

Orgullosos

Tras o extraordinario exercicio de afouteza de Old Trafford, onde só nos faltaron uns segundos para prendernos do corno da lúa dunha final europea, o serán do Celta no Día das Letras Galegas en Balaídos...

18.05.2017 | 13:33

Tras o extraordinario exercicio de afouteza de Old Trafford, onde só nos faltaron uns segundos para prendernos do corno da lúa dunha final europea, o serán do Celta no Día das Letras Galegas en Balaídos fronte a un necesitadísimo Real Madrid foi un exercicio de dignidade e de orgullo do noso. Acertou o club cando celebrou a efeméride literaria lembrando no momento de dar as aliñacións a un cadro selecto de escritores e escritoras galegas (un xesto memorable) e cantando o himno galego ao inicio do partido, un momento moi emocionante que magoadamente non foi respectado pola estrondosa afección madridista. Como acertou Berizzo en propoñerlle a Zidane un partido aberto co seu cadro máis ofensivo, abrindo toda a lameira polas bandas, o que dende o comezo abriu moitos espazos e permitiu as chegadas a unha e a outra portaría.

O Celta saíu a morder, disposto a dar, por fin, unha satisfacción a súa bancada despois de moitas derrotas nesta segunda volta, que afean na táboa clasificatoria a que é unha das mellores tempadas desde comezo de século. Apretou a saída do balón, procurando a velocidade e o desborde Aspas, que aos dous minutos xa encarou a porta de Keylor Navas. Unha estratexia moi semellante á do Real que, cando non pasaban os dez minutos, deu a primeira dentellada cun xutazo letal de Cristiano dende a frontal, finalizando unha xogada iniciada por un pase longo de Marcelo sobre Isco, a quen Roncaglia non puido parar. Un gol temperán que non modificou apenas a estratexia dos celestes que continuaron combinando de forma paciente coa intención de atopar un furado no valo construído por un Madrid un chisco apático. Atopouno Wass no tiro formidable dunha falta que Keylor despexou, nunha intervención salvadora para o seu equipo.

O cuarto de hora final da primeira parte foi un monólogo atacante celeste, grazas ás continúas recuperacións da primeira liña. A trepia dianteira tivo oportunidades claras de conseguir o empate, pero nin Guidetti nin Pione semellaban onte contar coa lucidez necesaria para facelo. Na primeira xogada da renaudación o nove sueco volveu errar, mais na xogada de volta repetiuse o guión da primeira parte, o lateral, neste caso Danilo, recuperou e lanzou sobre Isco que guiou a contra para que Cristiano volvese marcar con autoridade. Un gol que semellaba liquidar o partido. Porén, os nosos non se deron por vencidos e botaron man das doses de reserva dos seus depósitos de afouteza para volver ao ataque e acurrular ao Madrid diante de Keylor.

E nesas apareceu o árbitro Martínez Manuera poñendo orde diante de semellante impertinencia céltica. Non lle tremeu a man para botar a Aspas por dobre amoestación, cando Ramos lle fixo un claro penalti non sinalado e na primeira protestara unha man existente de Varane. Un auténtico escándalo, que arruinou as posibilidades de remontada, incrementado cando na seguinte xogada Cristiano tamén pediu penalti, pero o galáctico non foi amoestado, demostrando que o árbitro empregaba dúas varas moi diferentes de medir o mesmo caso. Aínda sí, sen o mellor dos nosos na lameira, Guidetti marcou un gol de pura rabia, tras unha gran xogada anterior onde Wass, só preto da área pequena, xutou sobre un Keylor, moi acertado. Ilusión que durou apenas un minuto, cando Benzema marcou tras un gran pase longo de Marcelo.

Non se dobregou tampouco o Celta diante desta nova adversidade nun encomiable exercicio de deportividade. Xaora, nos dez minutos finais, o partido esvarou polos territorios da tangana, consentida por Manuera, onde Sergio Ramos, moi apupado pola bancada celeste, non perdeu oportunidade de ter o seu penoso protagonismo. Un partido decisivo para os visitantes que constituíu un exercicio de dignidade para os do Toto, o auténtico heroe desta tempada, cuxo nome foi coreado ao remate pola bancada: Berizzo, quédate!!!

Escríbelle a Manuel Bragado

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Celta de Vigo

Unzué durante un entrenamiento // R. Grobas
Unzué: "Es el partido más difícil de lo que va de año"

Unzué: "Es el partido más difícil de lo que va de año"

El técnico del Celta pierde por lesión a Sergi Gómez y recupera a Emre Mor ante el Leganés

Emre Mor recibe el alta; Sergi Gómez, baja ante el Leganés

Emre Mor recibe el alta; Sergi Gómez, baja ante el Leganés

El turco podría regresar a la convocatoria en el partido ante el Leganés de mañana

Sereno ante la adversidad

Sereno ante la adversidad

El argentino comunicó su cáncer de próstata a la plantilla del Sevilla tras el partido contra el...

Mallo: "Siempre nos inculcó pelear"

Mallo: "Siempre nos inculcó pelear"

El capitán del Celta muestra el apoyo incondicional de la plantilla con Berizzo - El celtismo...

Ejemplos para la esperanza

Ejemplos para la esperanza

Varios futbolistas y deportistas han vencido con éxito la enfermedad que sufre Eduardo Berizzo

El fútbol se vuelca con ánimos al Toto

El fútbol se vuelca con ánimos al Toto

Estamentos como la Liga o la Federación Española de Fútbol, clubes, entrenadores, jugadores y...

Sorteo entradas Titanic The Reconstruction

Deportes


El médico del equipo de gimnasia de EEUU confiesa que abusó de siete niñas

Larry Nassar de declara culpable de haber cometido un delito de conducta sexual criminal entre...

Juntos contra el machismo

Juntos contra el machismo

Los siete equipos de Primera, Segunda y Segunda B de Galicia lucirán el lazo violeta esta jornada

África Sempere: "Confío mucho en que podamos volver a levantar el título"

África Sempere: "Confío mucho en que podamos volver a levantar el título"

"El equipo se ha reforzado y tenemos un punto extra de calidad", indica la pivote del Mecalia

El Barça, con todo a su alcance y nada seguro en Turín

El Barça, con todo a su alcance y nada seguro en Turín

El Juventus se encomendará al Allianz Stadium, un campo en el que no pierde en Europa desde...


Mínimo fútbol, máximo premio

Mínimo fútbol, máximo premio

El Barça se asegura la primera plaza del grupo gracias a un empate insulso con la Juve - Messi...

El Atlético se aferra a un último milagro

El Atlético se aferra a un último milagro

Necesita ganar en Stamford Bridge y que el Qarabag puntúe al menos en Roma

EL CELTA, EN CIFRAS

Celta de Vigo

Toda la información sobre tu equipo

Consulta aquí el calendario, las estadísticas, los jugadores, el resultado de los partidos, los directos... Todo a tu alcance


Enlaces recomendados: Premios Cine