28 de marzo de 2018
28.03.2018

Tiranía

28.03.2018 | 06:16

En pleno século XXI, as formas de gobernar por parte dalgunhas persoas que teñen un poder ilimitado no seu posto de traballo fan de correo de transmisión dun estilo cacique e déspota máis propio doutras épocas, aínda que vendo a situación estatal parece que está moi presente na nosa sociedade.

Algo semellante está a acontecer preto, concretamente en Aceesca (Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor), en O Porriño.

Despois de recoller moita información contrastada acerca do funcionamento da entidade, creo que é necesario escribir estas verbas para expoñer a situación laboral que está sucedendo alí, e as repercusións que isto ten para un colectivo que, polas súas características, non dispón de medios ou non é consciente das consecuencias tan negativas que para eles pode ter a forma de dirixir a entidade que ten a actual xerencia.

Entendo que, tanto a xunta directiva que forma a asociación, como o resto de familiares das persoas que reciben os servizos do centro, son alleos á situación real e o verdadeiro motivo das decisións que se tomaron nos últimos anos na entidade que fixeron empeorar tanto o funcionamento coma a calidade do servizo. Invítoos a escoitar aos traballadores/as e a ter en conta o resultado das enquisas. Xa que se a maioría dos profesionais coinciden en que a xerencia está obrando mal é un síntoma de que non se están facendo as cousas como se deberían, pero esa escoita ten que ser co único fin de que os profesionais que traballamos neste sector queremos facer a nosa labor en equipo para conseguir a mellor calidade de vida das persoas que forman este colectivo, persoas con diversidade funcional.

A forma de dirixir a entidade por parte da actual xerencia foi orientándose cara a unha mentalidade máis empresarial e mercantilizada co paso do tempo, o que dista bastante dos obxectivos dunha asociación e centro educativo. Con esta visión meramente empresarial se exerce un control extremo nos traballadores en funcións que non teñen nada que ver co seu posto de traballo, na maioría das veces, e que rozan un baleiro legal. Debemos recordar que cada sector ten as súas singularidades, neste caso trabállase con persoas e non con máquinas. Dita perspectiva pode ser debida a falta de formación pedagóxica que tería esta xerencia ou ben a unha concepción errónea e obsoleta sobre a discapacidade.

Mostra dalgunhas decisións son os despidos de persoal cualificado que realizou unha labor comprometida co alumnado, pero que discreparon coa xerencia ante tan abusivo trato. Resultado disto a entidade perde cartos en negociar e tapar os despidos improcedentes deixando de invertir na calidade do servizo que ofrece.

A entidade sobrevive na súa labor educativa e de calidade de vida grazas ás persoas que traballan directamente cos usuarios. Uns profesionais, un equipo que a pesar do trato tan inhumano ao que son sometidos pola xerencia e a nova directora do centro educativo seguen realizando.

Unha persoa que non coñece nin quere relacionarse cos usuarios nin cos traballadores nunca poderá ser unha líder.

Fago un chamamento ás familias, "estades a tempo de restrinxir o poder que ten a xerencia para evitar que converta as aulas nun lugar de atención asistencial sen poder realizar ningún traballo pedagóxico. Pois é cara onde quere levar a Accesca eliminando persoal para aforrar uns cartos que evidentemente necesita para pagar despidos improcedentes. Non vos esquezades que a maioría de eses cartos son de subvencións e vosos".

Unha Aceesca mellor é posible e está nas nosas mans facelo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine