Quixera expresar a miña opinión pública e claramente no que atinxe ó asunto da implantación da nova tarxeta PASS. Son veciño de Teis (Vigo) de toda a vida, é dicir, un vigués máis sen afiliación política anque sí con ideoloxía. A decisión de excluir dos beneficios, con ate agora, da actual Tarxeta Verde de transporte de Vitrasa os veciños de Redondela, Mos, Porriño, Cangas, Moaña e demais concellos limítrofes con Vigo por criterios puramente económicos (entendo que unha administración pública non debe manexar so ese criterio en materia de benestar e debe estar para solucionar problemas, non para créalos) me parece unha medida totalmente arbitraria, inxusta, ate cun punto caciquil.

Quero deixar constancia aquí que estou absolutamente e francamente en desacordo. Vigo é o que é grazas a todos eses veciños que co seu traballo diario e anónimo fan que Vigo sexa unha gran cidade, que medre, que se consolide, que sexa a insignia do sur de Galicia, as veces ata a pesares dos nosos gobernantes, tanto de aquí como de fora.

Unha gran cidade se fai incluíndo non excluíndo, respectado non asoballando, fomentando non dificultando, integrando non illando, xunguindo non dividindo e o transporte é unha peza fundamental deses principios. Ese transporte vai ser utilizado maioritariamente por estudantes, traballadores, pensionistas, é decir, polos mais "privilexiados" que verán como a súa economía será mais mermada pola "sabia" decisión do noso señor alcalde.

Para aparcar no hospital Cunqueiro solo o podremos facer os vigueses, os de "fora" que se maten? Para viaxar no Vitrasa solo os vigueses teremos dereito á nova tarxeta, parece que os veciños terán que pedir perdón por non ser de Vigo e iso vai ser penado. Estaría ben que cando quixeramos ir a Cangas, Moaña, Redondela, Tui, Salceda, etc? nos dificultaran as cousas solo por ser de Vigo? Onde está a voz do PSOE deses concellos? Acaso non se lle pode levar a contraria o señor alcalde de Vigo? Acaso no ADN do PSOE non debería estar a solidaridade? Pois neste caso señores dirixentes locais non se lles escoita, e o peor, non se lles espera, magoa!!! Iso si, a auga do río Oitavén é de Vigo, o encoro de Eiras tamén, segundo di o noso alcalde que manda? Todo un alarde de coherencia política, Deus nos libre? señor alcalde de Vigo, aquí ten un vigués que está en absoluto desacordo con esta decisión, que está canso, farto dese manto de silencio e falso respecto que fai que amosar desacordo público é case delito. Quede constancia. Coido que acabo de perder un amigo e gañar varios inimigos, pero as veces hai que dar a cara, aínda que cha rompan.