O FARO DE VIGO xa alertaba (26/07/2016) da extensión da Praga de psila africana (Trioza Erithreae) en toda Galicia.

Este minúsculo "mosquito" de orixe africana é o responsable dese aspecto de follas "arrugadas" que teñen moitas laranxeiras e limoeiros. Nos "vultiños" que teñen as follas arrugadas, e no reverso destas, están as larvas do insecto que cando eclosionan propagan a peste. Ademais do aspecto miserento no que deixan ás árbores, poden transmitir unha bacteria que acaba matándoas e poucos meses. De momento aínda no se detectou a bacteria, mais a posibilidade existe.

Inspectores da Xunta de Galicia están percorrendo viveiros, feiras e mercados para impedir a venda de árbores de cítricos e tratar de atallar a extensión da peste. Dado que existen tratamentos adecuados para o control da praga, poderían comezar por obrigar a tratar as laranxeiras nas rúas Velázquez Moreno, Urzaiz, Policarpo Sanz, García Barbón, Sanjurjo Badía (fronte a Guixar), etc.

Nas rúas García Barbón e Sanjurjo Badía algunas laranxeiras están en tan mal estado que producen arrepíos. Non sei a que se está esperando. Para catástrofe xa chegou co do "picudo roxo" (Ryn Cophorus Ferrugineus) que acabou con tantas palmeiras por non ser tratadas a tempo.