"O zapato no estudante, é coma o compás pra un delinante" (Don José Souto Vila, exprofesor do Instituto do Posío de Ourense)

Ven de anunciar o presidente do Parlamento Galego que vixiará a aqueles parlamentarios, que adoiten ir as sesións, que leven unha vestimenta axeitada coa solemnidade do recinto. E recalcóu no uso da garabata. As súas manifestacións lembraronme as clases que impartía no Instituto do Posío o finado Don José Souto Vila, fai máis de sesenta anos.

Obrigabanos agardalo na porta da aula e saúdalo con reverencia, decíndolle bos días tiña vostede Don José. E tiñamos que levar chaqueta, garabata e zapato fino. Máis, a chaqueta non debía ter aperturas traseiras, xa que, segundo o profesor era unha sinal de maricones (sic). Asistíamos a un centro público e non a un colexio de pago. Polo tanto, a maioría do alumnado viña de familias humildes. Moitas das veces usábamos os cintos dos pantalóns pra que simulasen ser garabatas, xa que do tal troque o profesor non se decataba. E non se decataba no canto cos seus pensamentos o ensimismaban no segredo do movemento pendular, formulado coma alfa igual a dous pí, partido por omega.

Máis, velaí, cun bó día baixóu da sua galaxia dos protones e neutrones, miróu cara a clase e atopóu a un alumno que levaba botas. Era un compañeiro de Mugares que acudía ao centro nun autobús ata o Xardín, logo dunha longa camiñata por corredoiras cheas de lama. A bronca do profesor fói monumental pra aquel mozo, que recibiú a filípica, coa cabeza baixa e os brazos en aspas no peito, na pose clásica do arrepentemento, e a piques de recibir a comunión. A admonición eucarística foi célebre: "o zapato no estudante, é coma o compás pra un delinante!". Curiosamente o dixo en castelán e non en latín, lingoa da que usaba nos seus proverbos, dos que tiñamos que copiar nunha libreta, e presentala ao fín do curso, pra acadar o aprobado. Unha boa caligrafía cunha presentación de luxo conquerían o sobresaínte.

Tomen boa nota as señorías do Pazo do Horreo. Ser ou non ser de esquerdas non está reñido cunha vestimenta formal, coma a esixida por aquel profesor. Procuren levar garabata, chaqueta sen aperturas traseiras e zapato fino. E se cadra, levarán o aplauso unánime se emulan ao señor Fernández de Mesa cando se vestíu para inmortilizar nun oleo o seu paso pola Garda Civil. Denlle os bos días na entrada do hemiciclo ao señor presidente da cámara. Mellor ben vestido que asistir, coma diría Manquiña, en pelota picada, ainda que é a vestimenta más limpa, as súas enrugas non son tan bellas. Madialeva!