"Somos unha raza de ovellas e outros son os donos do rabaño" (George Carlín, comediógrafo americano da contracultura).

O teu neto padeceu a meninxitis B. Terrible enfermidade onde en Galicia ten a maior incidencia en todo o Estado. E unha patoloxía cunha taxa de mortalidade do 20%. Ao non dispensarche a vacina pra combatila o teu centro de saúde, fúchela mercar a Portugal. Trouxechelle o Bexsero e leváchello ao galeno pra que lle fora administrado ao rapaz. Negóuse a elo o facultativo: "Non o podo facer, xa que non é un tratamento recetado pola a nosa administración sanitaria". O medicamento foi pra nevera, ata que decidiche vacinar a criatura na consulta dun medico privado en Portugal.

O teu fillo ficou no paro. Doente da hepatitis C, caeu nun fonda depresión. A tua nora acompañouno ata o médico de familia. Déronlle un volante pra que fose atendido no servizo da saúde mental. Amosaba tendenzas suicidas. Era un dos 390 galegos que presentaban debandito cadro clínico. Galicia representa o 14 por cada 100.000 persoas das afectadas por iste síntoma por mor da crise económica. Porcentaxe moi por enriba da media estatal. Soio a supera niste macabro ranking Asturias. Deron-lle cita en Siquiatría pra dentro de catro meses. Non chegou a velo o especialista. Nunha fatal data, o malpocado arrouxouse a rúa dende o cuarto andar. A viuva e o neno hoxe viven na túa casa. A outra filla emigrou cara a Alemania, ao non querer trocar sexo por traballo nunha administración local. Medrou a carga familiar, co mesmo ingreso, a túa pensión inferior a 700 euros.

O teu home foi parado de longa duración, con máis de trinta anos traballando nun astaleiro agardando que o volveran a chamar pra a construcción de aqueles navíos pra Pemex, que con moito bombo e pratillo anunciara o Presidente galego. Pasou o luns ao sol coma os personaxes do filme de Fernando León, ata a súa morte. Hoxe enterrado na aldea de árbores queimados.

No teu caso cunha fractura de cadeira estás a espera dunha operación quirúrxica. Dixéronche que o límite da espera marcado por lei era de 20 días. Levas agardando 79 días. Namentras, a sufrir a tortura de subir catro andares sen aparello elevador. O teu caso non é o do rei emérito.

Se ti estás ou estiveche nunha situación semellante, e votaches nas urnas aos autores dista infame política de recortes, namentras derrocharon cartos en infraestucturas megalómanas e inútiles, censuradas polo Tribunal de Contas da UE, entón, de que te queixas?