Carta ós que se presentan ás eleccións

22.09.2016 | 04:55

Primeiramente non prometan o que non poidan facer.

Non abracen á xente traballadora con promesas falsas e despois abrásannos con impostos.

Facer un mundo sin aforados, a Constitución di que todas as persoas deben ser iguais.

Son iguais os fillos do rei? Os fillos dos governantes? Dos banqueiros? Son iguais os fillos dos que cobran 600 euros? Son iguais os que non cobran nada? Póñanse no sitio da xente que traballa na terra, no mar. Dos autónomos. De donde sacan os cartos para a Seguridade Social? De todos esos desgraciados.

É moito máis de fiar a xente traballadora. Non mentir, non roubar. Non palacios luxosos para vivir, que é unha vergonza ata que os ensinen. Despois veñen predicando a caridade.

Sexamos máis iguais. Andar en zapatillas, en bicicleta, a pé non fai mal a ninguén. Por que teñen coches blindados? Será por medo do mal que teñen feito?

Devolvan o roubado e vivirán máis tranquilos.

Todos temos as mesmas necesidades e todos debemos ter os mesmos dereitos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 
Enlaces recomendados: Premios Cine