A guerra en Siria debería finalizar, pois xunto coas vítimas enfróntase o país a un parón económico do que tardará anos en recuperarse, no que lle custará retomar o pulo do progreso volvendo a atraer investimento internacional. Un país que se verá relegado no normal desenvolvemento, cando o seu labor cabal sería optar por traballar polo benestar. Os kurdos forman parte de Siria, contan cunha língua propia mais nunca chegaron a ser estado.

Ao igual que árabes e cristiáns intégranse baixo a bandeira onde residen e así son kurdos de Siria cunha entidade cultural mais sen pasaporte.

Se preguntas a un kurdo de onde procede dirá: Siria, e iso malia teren un forte sentimento étnico. O diñeiro procura estabilidade, a menos que estemos a falar da industria armamentística con efectos positivos soamente para as propias empresas. Mais evitemos o sarcasmo e vexamos que un conflito alí é un problema fóra, unha anomalía con ecos sobre o resto.

Baixo este prisma veremos que un problema deles non os fai independentes.