Por circunstancias desta vida teño un fillo en Croacia. Despois duns meses alí, decide levar o coche para ese país. Analizando e valorando o tema, resulta que nos atopamos cun problema curioso: a Inspección Técnica de Vehículos (ITV)!

Xa que si o vehículo non está matrículado no país en cuestión non se pode renovar nel, senón que tes que coller o teu coche e desprazarte ata o teu país de orixe e renovala alí (España neste caso). Que viva a Unión Europea! Ao mellor é que os mecánicos da UE só coñecen a mecánica dos vehículos do seu país. Sería tan difícil facer una pegatina da UE e rodeada de estrelas, e que fora válida para todos os países comunitarios independentemente de onde sexa o vehículo?

Tamén pode ser que aos nosos gobernantes nos lles dera tempo a pensar neste tema, xa que entendo que ningún deles tivo que facer as maletas e irse para fóra do seu país a buscarse a vida e entón aínda non tiveron tempo de valoralo.