Agradécello a unha feminista

Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo - Vigo

18.05.2013 | 06:30

Cremos necesaria a aclaración de termos debido á incorrecta, inexacta e errónea "carta ó director" do Faro de Vigo con data 6/05/2013. O feminismo é un "Movemento que exixe para as mulleres iguais dereitos que para os homes"(Real Academia Española). Non significa nin superioridade, nin resentimento, nin envexa. Non é sentirnos con complexo de inferioridade. É loitar contra a desigualdade ou contra a violencia de xénero. O feminismo é parte da nosa historia como mulleres, porque grazas a mulleres como Kate Millet, precursora do feminismo radical, afianzouse o lema "o persoal é político" base ideolóxica para que a sociedade asumira como propia a eliminación da violencia de xénero. Chamar ó "feminismo radical" patolóxico, demostra un total descoñecemento e desprezo ás loitas das mulleres durante séculos e que grazas as cales, poidemos ter a posibilidade de aprender a escribir ou a ler. Os feminismos non desprecian ós homes, non pretende que as mulleres dominen, os feminismos promoven unha sociedade máis libre e igualitaria, onde as mulleres non sexamos violadas, discriminadas, nin esquecidas pola historia. Grazas ás feministas fuches á universidade, podes solicitar calquera emprego, podes recibir e brindar información sobre control da fertilidade sen ir ao cárcere, practicas un deporte profesional, podes usar pantalóns, podes casar sen perder o teu apelido e sen que os teus dereitos civís sexan asimilados polo teu esposo. Tes dereito a rexeitar ter relacións sexuais. Tes dereito a que os teus rexistros médicos confidenciais non sexan divulgados aos homes da túa familia. Tes dereito a ler os libros que desexes sen supervisión do teu irmán ou titor. Podes obter un préstamo, sen aval de marido ou titor. Permíteseche testificar na túa propia defensa. Posúes propiedades que son unicamente túas. Tes dereito ao teu propio salario aínda se estás casada ou hai un home na túa familia. Sabes que se o teu marido che pega poderás denuncialo en comisaría. Outórgaseche un título despois de ir á universidade. E podes aleitar ao teu bebé nun lugar público e non ser arrestada por iso. "Sen a loita de moitas feministas que reclamaron estes dereitos para ti, non poderías gozar do que hoxe consideras normal." (Lucía Etxebarría, "Xa non sufro por amor")

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine