Ante o anuncio do sindicato CIG de acudir na defensa dun ensino digno para todas as familias galegas, teño visto algunha reacción, nomeadamente de persoas de orixe foránea (basca, palentina...), que en bó exercicio da súa xenofobia non queren que os seus fillos estudien o idioma do país ao que viñeron a vivir, cuestión por certo que a Constitución española respalda.

Eles prefiren para os seus fillos e para os dos demais galegos un “respetuoso” sistema de apartheid, coa graciosa concesión a que estuden unha asignatura de lingua galega, igual que latín.

Xa como guinda ao pastel, din-lle a un sindicato ao que desprezan como todo o galego, cando ten que facer e cando non folgas. En función naturalmente dos seus plantexamentos xenófobos.

Se as últimas eleccións galegas foran un referéndum sobre a proposta, nin concretada nin explicitada de Feijóo durante a campaña de eliminar o galego das asignaturas troncais, moito me temo que ese referendo foi perdido por máis de 5.000 votos de diferenza coa outra proposta defendida polos partidos do actual goberno.

Que a CIG e o resto da sociedade civil se mobilicen: non queremos para as nosas escolas nin para a nosa sociedade un réxime de segregación.

Grazas aos segregacionistas polos seus consellos á CIG pero a este país quédalles grande por dignidade, e catro fanáticos non nos van amedrentar.