Vigo acolle o xoves a gala de entrega dos II Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías
Será no auditorio Afundación a partir das 20.00 horas
O auditorio Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26) acollerá este xoves 14 de decembro a gala de entrega dos II Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías. Será a partir das 20.00 horas con entrada libre ata completar aforo. Tamén se pode confirmar asistencia previamente no correo eventosgalicia@prensaiberica.es.
Os segundos Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías teñen xa varios finalistas. Unha intensa reunión dos membros do xurado a pasada semana, na sede de FARO, serviu para acotar os nomes das e dos candidatos con máis opcións para facerse coa distinción, iniciativa deste diario co apoio da Deputación de Pontevedra.
Categoría de Turismo
O ascenstral Entroido de Cobres,Ideas Peregrinas e a proposta gastronómica Culler de Pau son os finalistas na Categoría de Turismo, galardón que busca recoñecer a emprendedores e emprendedoras que teñen un papel destacado na proxección da provincia de Pontevedra.
Categoría de Cultura
Na Categoría de Cultura, a elección será entre o Náutico San Vicente, a novelista María Oruña e o dúo musical Fillas de Casandra. O obxectivo desta distinción é o de recoñecer as traxectorias máis relevantes no País das Rías, enxalzando os novos valores literarios, escénicos e artísticos en todas as súas variantes.
Categoría de Feminismo
Por último, o galardón na Categoría de Feminismo quere recoñecer a quen impulsa a igualdade entre homes e mulleres, como levaba de bandeira a propia Emilia. Nesta segunda edición, os finalistas son: a Asociación de Redeiras da Atalaia A Guarda, a coorporativa A Morada e a fiscal de Violencia de Xénero Paula Cajaraville.
Os gañadores de cada categoría serán anunciados na gala do día14 de decembro
A elección dos nove finalistas correu a cargo dun xurado composto por: Ruth González Reyes, Xefa de Turismo Rías Baixas; Mª Carmen Gómez Manzano, Xefa do Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra; Xulia Santiso, conservadora da Casa Museo Pardo Bazán; Elba Pedrosa, escritora;Guada Guerra, xornalista;María Fernández Varela, directora do Hotel Ciudad de Vigo; Alba Chao, xefa da área dixital de FARO DE VIGO, e Irene Bascoy, subdirectora deste xornal.
Na entrega de premios será a propia Emilia Pardo Bazán quen conduza o acto (nunha representación da ESAD).
Temas
Más en Agenda
-
Primera artista femenina para los conciertos de Castrelos: Luz Casal actuará en Vigo el 2 de agosto
-
Cangas vuelve a colocar un puesto de libros ante el Concello por las Letras Galegas
-
Un desfile del orgullo de los institutos, música y una gala Drag Rural darán color a la Festa da Diversidade
-
La realidad virtual de “Galiverso” llega al Museo Massó en el Día de los Museos