Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

E despois da película... Festa Violenta no Radar

A película de Anxos Fazáns, protagonizada por Nerea Barros, Alberto Rolán e Xose Barato, estréase hoxe nos Multicines Norte de Vigo, ás 17.40 horas, cun coloquio coa directora pontevedresa e o actor vigués 'Morris', parte do reparto

"A estación violenta" ten moita música porque a historia a pedía. E música de grupos underground galegos que aparecen tocando en directo. Por iso, para a presentación en salas do filme, organízase unha Festa Violenta que en Vigo terá lugar na sala Radar Estudios esta noite, ás 21.00 horas, coas actuacións de Igmig, Pantis, Rabuda e Contenedor de Mierda. A líder deste último é a propia Anxos Fazáns, directora da película, que se subirá ao escenario convertida en cantante punky despois de manter un coloquio xunto a Morris, esta mesma tarde, cos asistentes á proxección da cinta nos Multicines Norte, que dará comezo ás 17.40 horas. "É moi liberador o de estar nun grupo punk, como actividade para desestresar vai moi ben poñerse a tocar. Facemos un espectáculo moi libre", di Fazáns, que fai un cameo na peli e aparece cantando no escenario do Náutico de San Vicente do Mar no Grove.

Compartir el artículo

stats