Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Viradeira Folk presenta novo disco en Vigo

Viradeira Folk presenta novo disco en Vigo

Cunha formación renovada, a banda viguesa Virandeira Folk presenta mañán ás 21.00 horas o seu novo disco no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. No seu segundo traballo de estudio, "Metamorfose", o sexteto aposta por unha fusión de estilos. A gaita, a frauta e o violín mistúranse con guitarras eléctricas, baixo e batería; os sons da música celta irmananse con riffs e armonías propias do rock, o jazz ou o pop€ en definitiva, unha proposta ecléctica que de seguro sorprenderá. O grupo promete un espectáculo musical fresco e orixinal que estará aderezado con proxeccións audiovisuais. Ademáis, contará neste concerto coas colaboracións especiais da cantante Sabela Cereijo, o frautista e gaiteiro Xulio Lorenzo, o guitarrista Sergio "w0r" Álvarez, o teclista Martín Barcia e a percusionista Loreto de Araújo. Entradas: 6 euros anticipada (Entre Cervezas, Rosalía de Castro 41, Vigo; ou escribindo a virandeirafolk@gmail.com) e 8 euros no despacho de billetes do Auditorio.

Compartir el artículo

stats