Mariñeiro de Panxón de 83 anos, recibe o martes na misa do Carme, dentro das festas de San Xoán, unha homenaxe dos veciños pola súa traxectoria. Foi máis navegante que pescador: deu a volta ao mundo dúas veces en barcos mercantes de Bélxica, Holanda, Alemania, Dinamarca, Noruega e Suecia. Deféndese en varios idiomas e, ademais, compón cancións populares para o pobo. A primeira, "Vouche cantar Panxón" estreouna hai cinco anos e segue creando.