A obra da artista polaca Monika Molenda (Zamosc, 1976) é presentada por primeira vez entre nós na sala Apo’strophe arte de Vigo e pode visitarse até o 16 de maio. Koło, o título escollido pola autora, é unha palabra polaca que ten dous significados: círculo, entendido como forma xeométrica, e, ao mesmo tempo tamén expresa a idea de proximidade con valor adverbial, o sentido de “perto de”.En conxunto, a mostra permite o achegamento aos dous eixos que balizan o traballo da creadora, que na actualidade reside en Galicia: un primeiro como recoñecida medallista e un segundo con traballos escultóricos de cerna máis conceptual.