O pintor Bosco Caride (Vigo, 1963) presentou a súa exposición 'Os Indicios' nas salas do MARCO. Trátase dunha mostra comisariada por Jaume Vidal Oliveras, que é articulada ao redor dun único motivo: os estados atmosféricos ou gasosos, afastados de calquera ligazón contextual ou espacial.

O título da mostra: Indicios –que sinala un camiño alén do evocación puramente formalista– fai referencia a unha complexa simultaneidade de percepción que caracteríza toda a serie, elaborada nos últimos dous anos.

Son pinturas ao óleo realizadas con aerógrafo sobre soporte de aluminio ou papel fotográfico