Síguenos en redes sociales:

This browser does not support the video element.

O fenómeno Tanxugueiras: "É un fogonazo incrible"

En SonDeSeu, todos concordan que a irrupción de Antía, Olaia e Sabela no panorama musical español é para festexar. O mestre de canto, Xisco Feijóo, que as coñece dende hai anos, espera que veñan para quedarse, e que este éxito non sexa flor dun día. Pola súa banda, Anxo Pintos, exintegrante de Berrogüeto e mestre de zanfona na orquestra, entende que "é un fogonazo incrible", ver cómo "os nenos se disfrazan de Tanxus nas garderías, os pais mercan pandeiretas, e os adolescentes aprender este instrumento no instituto".