Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Creación de Viktor¬Rolf (2015).

Desembalando a moda

Tempo para os grandes mestres

O Costume Institute do presenta, deica ao 5 de febreiro de 2017, a exposición Masterworks: Unpacking Fashion; nela móstranse as máis significativas adquisicións feitas durante os últimos dez anos para aumentar os fondos de téxtil e moda no museo. O criterio seguido nesas adquisicións pasou de ser de natureza enciclopédica, nas orixes da institución, a unha procura e custodia de obras mestras, nos tempos actuais. O MOMA adquire agora obras icónicas de deseñadores e modistos que teñen cambiado, coas súas innovacións a historia da moda, e que contribuíron asemade ao avance da percepción da moda como unha forma de arte.

Obras mestras: Desembalando Moda é unha mostra, enton, que dá conta dnhas sesenta pezas: traxes de muller e cabaleiro dende o século XVIII deica aos nosos días. Os modelos están dispostos como en caixas de embalaxe e sobre cada un deles hai fondas explicacións arredor do que aportan ao canon da historia da moda.

Conceptualmente,a exposición subliña a importancia do coleccionismo de pezas de deseño e moda, pola súa natureza artística singular. Do mesmo xeito que o museo serve para custodiar, estudar e arquivar a memoria da pintura, escultura, novas tecnoloxías ou fotografía, tamén a moda ten de ser preservada como valor cultural. O seu aporte creativo é obvio. E como representación do espírito dos tempos ou zeitgeist , a moda é o máis doado instrumento, pois conxuga creatividade e mercado, socioloxía do gusto e estética. Canto ao seu valor como inversión, non cabe dúbida de que se está consolidando.Non soamente polo valor dos tecidos ou o prezo dos materiais, como bordados en ouro ou pedras preciosas, senén que tamén a propia biografía do traxe ten importancia: coñecermos a quen pertenceu, outorga un valor de colección. O aporte estético dunha peza innovadora é outro considerando para a confección colección. E,en fin, a calidade de orixinal da peza e o proceso creativo da mesma teñen así mesmo importancia.

Hai expostas dúas pezas do século XVIII, os chamados robe á la française, nos que unha ampla saia suxeita por unha estrutura de cesta ou panier se completa cun corpo que cae en forma de capa sobre ás costas e mais un pequeno peto que cobre o peito. É a moda feminina do antigo réxime. Temos aínda o chamado robe á la anglaise que é máis sinxelo que o estilo francés e ten menos volume. Hai tamén exemplos da silueta de fin de século en S coas creacións de House of Worth e do propio fin daquela coa faixa dun abrigo de ópera de corte kimono, asinado por Paul Poiret en 1911. O equivalente masculino desa moda é o terno, ou traxe de tres pezas: composto por pantalóns longos, chaleco e casaca, de lonxitude e formas variadas segundo cada momento histórico.

Tanto a forma do panier,ou saia con estrutura elevada,como os cortes das casacas de home con grandes solapas aparecen como inspiración para creacións posteriores. E a exposición presenta asemade un vestido negro bordado de tiras de pvc da deseñadora holandesa Iris van Herpen, formada na escola de Arnhem, pertencente á colección outono/inverno 2012.

Os tamén holandeses, e tamén procedentes da escola de Arnhem, Viktor&Rolf, están presentes na mostra cun traxe da colección de alta costura do outono/inverno 2015, que representa un cadro en lenzo co seu marco dourado, deconstruído. A colección devén así unha cita aos mestres da pintura do século XVII holandés, convertendo os cadros en estruturas para seren vestidas.

Outro modelo da colección primavera/verán do 2010 dos deseñadores citados chama a nosa atención: trátase dun traxe de noite,de gala, en silueta princesa con escote palabra de honra, feito en tul e moiré sintético de seda e que parece ter sido cortado por unha serra na altura das cadeiras, de xeito que deixa ingrávida a parte inferior da saia. Sen dúbida,unha invención nunca vista antes, a evocar o surrealismo. Este movemento aparece directamente noutro modelo asinado por Gilbert Adrian no ano 1947, que está feito cunha tela estampada por Salvador Dalí, e no vestido de Elsa Schiaparelli,con bordado de Jean Cocteau,do ano 1937.

O inglés afincado en Nova York, Charles James; o español afincado en Paris, Antonio Cánovas del Castillo Rey (Lanvin-Castillo); o tunecino afincado en Paris, Azzedine Alaïa, están presentes na exposición con traxes que,distantes no tempo por case medio século, seguen a cumprir o mesmo obxectivo: subliñar o corpo feminino de curvas sinuosas con deseños serea por medio de traxes feitos con técnicas únicas e remates soamente doados para grandes mestres.

Creacións maxistrais

  • Nesta colección selecta, comisariada por Andrew Bolton e Jessica Regan, están presentes as creacións maxistrais da moda e os seus autores. E están con vestidos e accesorios que teñen sido fundamentais aportes á bagaxe cultural dos últimos 100 anos. Aos xa citados antecedentes das robes volantes do século XVIII e dos pais da alta costura, Worth, Poiret, súmanse as grandes mulleres da costura na primeira metade do século. Madeleine Vionnet está presenta cun vestido de 1929, que se pon en diálogo cun traxe de John Galliano do ano 1999. Gabrielle Chanel e a súa casa están presentes cun traxe que é epítome do estilo da modista, feito por Karl Lagerfeld como director artístico da firma dende o ano 1983: un vestido negro, de manga longa e escote redondo,que aparece profusamente bordado de collares, cintos e pulseiras, de cadeas douradas, perlas e pedras preciosas.Christian Dior xorde coa silueta New Look e mais a interpretación que dela fixo o deseñador Raf Simons na colección de alta costura outono/inverno 2014, cun traxe casaca bordado que semella superpoñer capas de diversas prendas. Da súa parte, Yves Saint Laurent aparece con estampados de beizos e mais as cazadoras de pel dos anos 1960 e 1970.E están tamén presentes así mesmo o enfant terrible da moda francesa, Jean Paul Gaultier, o sombrereiro prodixioso,Philip Treacy, o expoñente da moda italiana, Gianni Versace ou o destacado creador americano,Tom Ford, entre outros.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.