03 de octubre de 2020
03.10.2020
Faro de Vigo
maría xosé silvar, Sés | Cantautora galega

"A única medida contra o autonoxo é a educación"

"Non me gustan conceptos como 'este país' ou 'este estado'; todo é global", defende

03.10.2020 | 01:46
Sés, nunha foto promocional de "Liberar as arterias".

Sés segue a expandir a lingua galega e reivindicacións coa súa música máis aló das nosas fronteiras. O día 23 actuará en Valencia e o 24 en Bilbao. Na terra, a cita máis próxima é o 11 na Coruña. María Xosé Silvar presenta o seu último disco, "Liberar as arterias", onde profundiza na súa filosofía autónoma.

- Antes de sermos confinados, vostede actuara por América, nunha xira. Como foi a recepción?

-A xente de fóra non ten problemas coa nosa lingua. Non só non hai ningún problema senón que se valoriza e a aceptación é extraordinaria.

- Logo, pensa que aquí hai máis muros á súa música ca fóra por cantar en galego.

-Si, claro porque a galegofobia só existe en Galiza.

- Nunha das cancións fala do autoexilio. A autoxenreira é o exilio individual das persoas?

-Si, non hai exilio como o auto-odio. Son capaces de que ti renuncies ó que es. Iso está instalado socialmente.

- Se lle deran man libre, como o solucionaría?

-Cun cambio no sistema educativo. As medidas punitivas non funcionan. Só funcionan as preventivas e a única medida preventiva real contra calquera lacra social ou calquera odio é a educación.

- No primeiro tema defende que prefere ser mala herba antes ca camelia, resúltalle difícil manterse neste principio?

-Obviamente, a resistencia máis difícil é a do día a día. Pero iso témolo todas por igual. Temos esa difilcultade no plano cotiá. É un prezo alto a pagar pola liberdade? Si, é moi alto, paga a pena? Si.

- Para vivir en liberdade, hai que ser mala muller?

-Si. O concepto de muller que está instalado é o de persoa sumisa, calada, compracente, que se deixa humillar e é secundaria, mellor se é ó borde da inanición, morrendo de fame pero sen chegar a morrer. Hoxe por hoxe iso segue sendo ser muller. Polo tanto, eu non quero ser boa muller, senón mala. Xa dicía Simone de Beauvoir que non se nace muller senón que se chega a selo.

- Hai continuamente etiquetas para mulleres, desde hai anos bodypositive; agora, bodyneutrality. Son só marketing?

-Non, eu penso que, como en tódolos movementos, hai de todo. Pero a existencia do movemento bodypositive é indispensable aínda que sexa para colocar nas redes imaxes que hai que normalizar de corpos mutilados, gordos, diversos en xeral. A única forma de que exista unha nena gorda que estea contenta co seu corpo é que vexa mulleres gordas. Ninguén quere ser algo que non ve.

- Expert@s critican que os referentes da xente nova están na pornografía.

-O porno é unha industria esencialmente machista. Existen excepcións. Non lle diría a unha nena que non o vise, senón que non é real, que a humilla. Sei que o van ver porque a mesma persoa que non quere que a súa filla o vexa, cómpralle un dispositivo co que ten acceso a iso. Eu diríallo a un neno e a unha nena. A sexualidade patriarcal é unha sexualidade que ataca a homes e mulleres. A nós convírtenos en obxectos e a eles en seres que se non teñen un pene con determinadas dimensións ou cun determinado grao de funcionalidade anula a súa masculinidade. Na adolescencia, deberían traballarse ese contido e non ser hipócritas. Sabemos que os nenos de 16 anos a maioría xa tiveron relacións sexuais de calquera tipo. Aceptemos o que hai e ensinemos que iso non é real. Nas casas e nas familias, hai que explicar iso, que a maioría das cousas que ven nesas películas son violacións.

- Escoitando "Mafia" cavilei se un dos maiores riscos para persoas relevantes coma vostede radica en que se lle achegue xente interesada.

-Pode pasarlle a calquera persoa. Neste caso, "Mafia" fala dunha cuestión gremial. Os gremios son mafias porque se rexen por premisas como 'están connosco e tes que pensar coma nós'. E no momento no que penses, non vas ser aceptada. A canción fala da miña chegada a este mundo, de como me sentín a este gremio. Eu sigo cos meus amigos de toda a vida. Teño moi moi poucos amigos da música, menos cós dedos dunha man. Non considero que teña que ser máis amiga de quen toque un instrumento que doutro ser humano. Iso véxoo bastante clasista. Non me gusta o concepto de caste, mafia ou gremio.

- As ideoloxías nestes país están mediatizadas pola mafia, mesmo a nacionalista?

-Non me gusta que se empreguen conceptos como "este país", "este estado". Todo é global. As ideoloxías políticas tenden a politizalo todo. Tódolos estados documentados do planeta din: "Isto só pasa aquí". É mentira, pasa en tódolos lados. Aquí hai militancia sectaria? Si. En todo o mundo hai militancia sectaria en tódolos bandos e en todo o mundo hai persoas que aspiramos a pensar libremente co prezo que hai que pagar. Non é a soidade. Non me gustan os 'burdei's onde che dan un sorriso e logo falan mal de ti para pasado volver a darche crema. Eu vomito sobre iso. Por iso, non encaixo. Non son corporativista. Ser amiga de un músico por ser música é clasismo barato.

- Como ve a nova normalidade como artista?

-Non estou en posición de queixarme. Pero, coidado, non teño postura firme en contra do que se fai cos eventos; pero tampouco co que se está a reclamar. A cultura non é necesaria. Necesario é comer, beber, respirar... Pero non se trata diso. Eu non escollín o neoliberalismo como sistema económico, non o escollería, non me gusta. Pero quen o escolleu debería ser consecuente. Se Iberia, como iniciativa privada pode levar mil pasaxeiros nun avión, non é lóxico que eu chegue a un teatro despois e só poida meter 60 persoas cando caben centos máis. Se Iberia ten dereito, eu tamén, e esíxoo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Televisión


Netflix cancela 'Away', la serie espacial de Hilary Swank

Netflix cancela 'Away', la serie espacial de Hilary Swank

La cancelación se produce, solamente, seis semanas después de su estreno

Vuelven los teleñecos: Disney estrenará 'Más Muppets que nunca' el 6 de noviembre

Vuelven los teleñecos: Disney estrenará 'Más Muppets que nunca' el 6 de noviembre

La primera temporada tendrá seis episodios en los que Gustavo o Peggy tendrán estrellas invitadas

Los policías hablan sobre la serie 'Antidisturbios': "Si le gusta a Rufián, ponte en lo peor"

Los policías hablan sobre la serie 'Antidisturbios': "Si le gusta a Rufián, ponte en lo peor"

Afirman que la ficción los retrata como "violentos, drogadictos y desequilibrados" y creen que...


'Veneno' estrenará sus dos primeros episodios en Antena 3 el 25 de octubre

'Veneno' estrenará sus dos primeros episodios en Antena 3 el 25 de octubre

La ficción de Javier Calvo y Javier Ambrossi fue la única española en entrar en la lista FreshTV...

Así fue el trepidante e inesperado final de 'La isla de las tentaciones'

Así fue el trepidante e inesperado final de 'La isla de las tentaciones'

Mediaset lleva el 'reality' al extremo y rompe récords de audiencia... y el concepto de fidelidad