Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Arredor da morte

Lectura amable, estilo limpo

Arredor da morte

Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) acadou co libro que hoxe comentamos o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2019. O autor, que vive en Barcelona traballando como profesor e mais no sector editorial, vén contar unha historia que, fóra erro craso de crítico arriscado, parece autobiográfica e persoal, cando menos nos aspectos máis xerais, cousa que, por outro lado, non é infrecuente na literatura de calquera latitude.

Con efecto, os paralelismos, se non son certos, son verosímiles: Xacobe (Gonzalo), escritor mozo que vive en Barcelona (tal cal) recibe a inesperada noticia da morte do seu avó materno, razón pola que volve á vila galega onde naceu (Taragoña, en Rianxo), e alí, perante o triste acontecemento, reencóntrase coa familia e reviv a infancia e as relacións de amizade, cun ir e vir moi tratado xa nas literaturas próximas e nomeadamente na galega, ateigada de migracións.

Ora, o importante é o fondo e mais a narrativa, a forma, xunto co tratamento do tema central, as distancias, os afastamentos, os reencontros e as aproximacións? E niso podemos dicir con certeza que a novela é afortunada: lectura amable, estilo limpo, aparente sinxeleza na trama e na estrutura, necesarias para a mellor implicación e empatía do lector?

E a partir de aí, temáticas e personaxes veñen fluir con naturalidade arredor do acontecemento central: velaí, entón, os ritos, as tradicións e formalidades arredor da morte; as relacións familiares, por separado e en conxunto e mesmo en relación co propio feito; a sexualidade e a súa recepción? e todo iso co auténtico reflectir da realidade mesma, dunha realidade posible, a verosimilitude case costumista por veces, acompañados de diálogos verdadeiros. Boa novela, con eses bimbios.

HERMO, Gonzalo, Diario dun enterro, Galaxia, Vigo, 2019, PVP. 14, 70 ?

Compartir el artículo

stats