Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Noticia do Emblemata

Imprescindible texto

Noticia do Emblemata

Temos de novo o pracer de comentar outra boa publicación da colección "Vétera", que dirixide Raúl Gómez Pato, de Rinoceronte Editora; colección que, como o seu nome indica, está dedicada a libros "vellos", en concreto anteriores ao século XIX, e pertencentes ou ben á literatura clásica e/ou á universal. Nesta xeira trátase da edición do Libro de emblemas, de Andrea Alciato, traducida, introducida e anotada polo propio responsable da colección, Raúl Gómez.

Este libro, o Emblemata, cos epigramas de Alciato, foi publicado por primeira vez en Augsburgo, en 1531, por Heinrich Steyner, e foi o primeiro e tal vez o máis difundido libro de emblemas, e o xerme e a orixe dos moitos que o seguiron, tanto seculares como relixiosos, que chegaron a ser moi populares en case toda Europa, e máis en concreto en Holanda, Bélxica, Alemaña e Francia. Ten o valor, ademais, de ser unha obra case imprescindible para chegar a comprender a mentalidade do Renacemento e do Barroco, xa que nel están recollidas moitas das claves de gran parte das obras artísticas e literarias da época. Claves elaboradas cunha afortunada combinación de palabras e imaxes (título ou lema, ilustración, epigrama, glosa ou comentario), froito dun laborioso acopio de simbolixia da más variada procedencia, mesturando os relatos mitolóxicos e a sabedora proverbial cos epigramas, con innegable orixe e lembranza dos xerogíficos exipcios. O resultado foi a ilustración de temas morais, científicos, relixiosos e filosóficos. Na traballada introdución do tradutor pódese afondar no tema, abondo interesante, que recomendamos.

ALCIATO, Andrea, Libro de emblemas (trad. Raúl Gómez), Ed. Rinoceronte, Cangas, 2019, PVP. 15, 20 ?

Compartir el artículo

stats