Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Da cantiga do señor

Con sabedoría e ensinanzas de paz

Da cantiga do señor

Temos hoxe entre as mans unha nova primeira tradución ao galego dun libro clásico. Lémbrame isto ao poeta amigo Román Raña cando, mozo, hai xa máis de tres décadas ou catro, salientaba que estabamos ou podiamos estar a estrear sempre en galego (máis ou menos, "Por exemplo, se escribo un soneto con estrambote, será o primeiro soneto con estrambote da historia da literatura galega"), e lémbramo agora porque estamos permanentemente inmensos nunha cultura así, dando aínda primeiros pasos nunha normalización que nunca se acada.

Este benvido libro de Rinoceronte, tradución do sánscrito de Iván Sende, coa súas boas introdución e pertinentes notas, dános a oportunidade de poder ler na nosa lingua o Bhagavad Git? ("A cantiga do señor"), que é unha parte, tal vez a máis querida, do sexto libro da Mahabharata, e que, xunto coa Ramayana, é a narración épica hindú por excelencia. O libro é de autoría anónima, pois tradicionalmente atribuíuse a Vysa (sánscrito "recompilador", "editor", que non autor), e foi escrito arredor do século V a. C., aínda que hai autores que o sitúan cinco mil anos antes.

Esta parte é pequena e é digna de ler, pois hai moita sabedoria ou ensinanzas de paz e sosego das que moito se pode aprender. Sen ánimo de simplificar ou de ser simple, con libros así é posible que convivan millóns de persoas nese espazo. A India é seis veces España, pero ten vinte e nove veces máis habitantes; é como se en España vivisen 223 millóns de persoas, e como se en Galicia vivisemos 13 millóns, como se todos os portugueses viñesen vivir aquí. Dá que pensar? diso se trata.

VYASA, Bhagavada Gita (trad. Iván Sende), Ed. Rinoceronte, Cangas, 2019, PVP. 14, 25 ?

Compartir el artículo

stats