Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fotografías de Blanco Amor

O libro insire o texto "Chiloé" pertencente ao libro Chile a la vista (1951) de Eduardo Blanco Amor, que vai acompañado de fotografías do escritor. O volume está conformado por unha serie de notas xornalísticas, recollidas durante dúas viaxes realizadas nos anos 1949 e 1950 a través de Chile,

Nas fotografías, o ollar do autor galego combina o documental co social primando frecuentemente a coidada construción da fotografía "de autor", con clara vontade estetizante. O que sempre está presente é a mirada intensa, tentando afondar no coñecemento e na comprensión do obxecto retratado.

Cómpre salientar que a actividade fotográfíca de Blanco Amor é unha mostra do seu acontecer vital e froito do seu punto de vista de escritor, dialogando co xornalista, co poeta e co narrador, tres facetas que se poden enxergar no fondo das imaxes do escritor ourensán.

Compartir el artículo

stats