Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Teatro para escolares sobre educación financiera

Tres mil estudiantes vigueses disfrutaron da obra "De los cuentos a las cuentas", da compañía Zarándula

Imaxe da representacion teatral de Zarándula.

Abanca achegou a máis de 2.966 escolares de 5º e 6º de Primaria de 49 colexios de Vigo e a súa área metropolitana a importancia do aforro e o esforzo para alcanzar as metas que se propoñan. Faino a través da obra de teatro ´De los cuentos a las cuentas´, producida por Zarándula por encargo do banco como parte do seu programa de educación financeira.

O Teatro de Afundación en Vigo acolleu seis representacións desta proposta escénica, con dúas funcións cada día, ás 10.00 e ás 12.00 horas. É a segunda vez que se pon en escena na cidade esta montaxe teatral, tras a súa estrea en 2016.

A obra ten como obxectivo fundamental transmitir, a través de contos tradicionais, a importancia dunha xestión adecuada do diñeiro no día a día, o valor do esforzo, o sentido da previsión e o aforro e tamén a importancia da solidariedade.

´De los cuentos a las cuentas´ é unha das dúas montaxes teatrais promovidas por Abanca nos últimos dous anos co fin de aproveitar o potencial das artes escénicas para captar a atención do público infantil e conseguir trasladarlle conceptos que doutro xeito resultaría complicado explicar a nenos e nenas de pouca idade.

A proposta escénica forma parte do programa de educación financeira que desenvolve o banco, en colaboración con Afundación, ao longo de todo o ano, e que inclúe tamén outras iniciativas dirixidas aos máis pequenos como o Gran Prix Financeiro.

Compartir el artículo

stats