Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As imaxes do Patrimonio de PNO!

A Asociación Ponte... nas Ondas! falla os premios do certame no que participaron escolas de Galicia e o Norte de Portugal

Retrato de familia dun rico propietario agrícola da parroquia portuguesa de Serzedo.

Unha ducia de persoas, a maioría mulleres, arredor de cadansúa bicicleta, retratándose no ano 1960 en Salvaterra de Miño xusto antes de saír a percorrer máis dunha ducia de quilómetros para iren a unha festa de entroido nunha vila veciña; a familia dun rico propietario agrícola da parroquia portuguesa de Serzedo, retornado con fortuna da emigración brasileira, a comezos do século XX; unha familia de labregos canda aos seus animais preparados para iren ao millo... Son algunhas das escenas que podemos ver nas fotografías premiadas no I Certame de Fotografía ´Imaxes do Patrimonio´ convocado durante o pasado curso pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!

Co inicio do presente curso, o xurado premiou dez imaxes nas categorías de ensino primario e secundario. Formaron este xurado Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Vitor Pinto profesor e fotógrafo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte€ nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto.

Era obxectivo prioritario da convocatoria axudarlle ás novas xeracións a descubriren a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común. Con esa finalidade, propúxoselles que buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que contivesen elementos dese patrimonio cultural, na procura de elementos e vivencias concretas para constatar, desde o presente, o valor que cumpriron e seguen a cumprir, manifestacións culturais que polo seu simbolismo forman parte da memoria colectiva.

Traballos d calidade

O xurado destacou a gran calidade das imaxes recibidas, acompañadas de textos con referencias explicativas. Os premios serán entregados nun evento a celebrar o próximo mes de novembro, arredor do Día do Patrimonio.

A lista de gañadoras é a seguinte:

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico 1º Premio para Miriam Sousa Magallanes,alumna do CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño); 2º Premio para Gonzalo Faro Casamayor, do CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño); 3º Premio para Roberto Rajo Gómez, estudiante do CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño); 4º Premio para Lucas Nande Cambra, tamén alumno do CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño), e 5º Premio para Sofía Carrete García, escolar do CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro, Lugo).

En Categoría de Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario o 1º Premio foi para Vasco Resende de Sousa, alumno da Escola EB2/3 Sophia Mello Breyner - Arcozelo; 2º Premio para Martín Vidal Márquez. alumno do IES Terra de Turonio de Gondomar; 3º Premio para Maruxa Malvar Torres, do IES Ponte Caldelas: 4º Premio para Iria Martinez Sambade, alumna do IES Plurilingüe Fontexería- Muros, e 5º Premio para Alexandra da Silva Artilheiro, da Escola Profissional Infante D. Henrique

O Premio Especial á escola que enviou o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases do Certame teñan grande relevancia polo seu contido foi para o CEIP Infante Felipe de Salvaterra de Miño.

As imaxes gañadoras e participantes poden visualizarse ao completo desde esta ligazón:

http://escolasnasondas.com/i-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-as-ganadoras/

Ponte... nas Ondas!

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte€ nas Ondas!, organizadora do certame, leva máis de vinte anos traballando na divulgación do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Coordinados por docentes galegos e portugueses, milleiros de alumnas e alumnos de escolas de Galicia e Portugal teñen participado en anos anteriores nos certames de Recolla do Patrimonio Inmaterial organizados pola Asociación. Un vizoso material que pode atoparse na web www.opatrimonio.org.

Compartir el artículo

stats