A Fundación Xosé Neira Vilas entrega o Premio Arume

REDACCIÓN

O auditorio Neira Vilas da Cidade de Cultura de Santiago acolleu onte un acto literario centrado na poesía organizado pola fundación que leva o nome do autor de “Memorias dun neno labrego”. Por unha banda, entregouse o Premio Arume de Poesía para a Infancia, que recaeu no poemario “Versos (a)variados”, de Pablo Nogueira. Ademais, presentouse o libro que resultou premiado na edición de 2022: “Os versos da mariola”, de Antón Cortizas.