Ponte…nas Ondas! presenta o seu modelo de boas prácticas co patrimonio en Madrid

REDACCIÓN

Unha delegación de profesores, alumnos, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazarase a Madrid, convidados polo Museo Nacional de Antropología, para mostrar o modelo de por Ponte...nas ondas! (PNO!), que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

O acto terá lugar no Auditorio do museo este sábado ás 12.00 e para asistir é necesario reservar a través do e-mail: reservas.mna@cultura.gob.es

O programa amosará a fórmula de Ponte... nas ondas!: educación, comunicación, patrimonio e tics. Alumnas do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas serán as encargadas de conducir o “radiovisual” como locutoras e entrevistadoras. Do CEIP A Ramallosa de Teo participará un grupo de música tradicional (gaita, violín, bombo, tambor e cavaquiños) que interpretarán temas do repertorio tradicional galego-portugués.

A artista y ilustradora Lara Lars participa coa realización dun cartel para o acto e o músico Pancho Álvarez levará ao museo a colección de instrumentos do seu proxecto “Cordas históricas”. Ademáis, o realizador Roi Grandío será o encargado da gravación dunha peza audiovisual e contará o seu paso por Ponte...nas ondas! como alumno en secundaria.