Xosé Manuel Soutullo, novo director de Galaxia
O acordo do consello de administración chega un mes despois da polémica dimisión de Francisco Castro
Xosé Manuel Soutullo é o novo director xeral de Galaxia. Un mes despois da tormentosa dimisión de Francisco Castro, o consello de administración da editorial acordou este venres o nomeamento de Soutullo, segun vén de informar nun sucinto comunicado.
Actual director da Fundación Penzol e conselleiro de Galaxia, Soutullo desenvolveu na editorial que agora dirixe unha dilatada vida profesional no ámbito da edición e da produción cultural.
Castro fixo público 0 18 de setembro a súa decisión de presentar a súa dimisión. Declaraba que tomaba ese camiño pola falta de apoio “reiterada” da editorial ao seu traballo tras as críticas vertidas polo escritor Alberto Ramos nunha entrevista concedida a Praza Pública, onde denunciaba o seu proceso persoal de edición e criticaba algúns aspectos na xestión e organización da empresa.
Temas
Más en Sociedad
-
Martín Berasategui, cocinero: "Tengo claro que no soy más que nadie, pero tampoco menos"
-
A "Afouteza" cumpre 26 anos no Celta: A Roda reversiona o Himno polo Día das Letras Galegas
-
Los delitos aumentan un 3,2% hasta marzo, con más homicidios y agresiones sexuales
-
Seguridad Social escucha a los científicos: rectificará la orden ministerial que afecta a miles de investigadores