Homenaxe con agarimo ao arquitecto César Portela

Patiño e César Portela (1d), na homenaxe de onte en Vigo.  | // ÉVAME OROZA

Patiño e César Portela (1d), na homenaxe de onte en Vigo. | // ÉVAME OROZA / Redacción

Redacción

Medio cento de persoas homeanaxearon onte en Vigo no local da Asociación Évame Oroza ao arquitecto galego César Portela, gañador este ano da Medalla de Ouro da Arquitectura do Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España.

Desde a xunta directiva de Évame Oroza –asociación da que Portela comezou a formar parte– explicaron que o fin era ofrecerlle unha “mostra de cariño” pola súa “contribución á cultura galega”.

Como agasallo, recibiu unha medalla de bronce realizada por Cuqui Piñeiro. Entre as persoas que asistiron atopábanse numerosos arquitectos, Antón Patiño, Menchu Lamas, Antón Beiras ou o presidente de Évame, Xabier Romero. A homenaxe rematou cun xantar no restaurante El Castro.